15 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O banco supercampión de España

08-09-19

 Burela, 9 de setembro, 2019. O supercampión de España estreará a liga de Primeira RFEF este sábado ao grande ante o Poio Pescamar FSF (16.15 horas, TVG2), apostando por conservar non só a fortaleza do bloque de xogadoras senón tamén do corpo técnico-médico.

Xunto ao técnico Julio Delgado, continúa á fronte do vestuario tamén Iván Cao, Lucas, ademais de Emma Losada, como delegada, Fran Paz, como adestrador de porteiras, e o preparador físico Pablo Díaz. Como novidade incorpórase o fisioterapeuta Tulio García, que contará co apoio de Xurxo Rodríguez. A saúde das Raíñas Laranxas seguirá estando supervisada polo médico Javier Couce e o podólogo Miguel Murias, coa axuda da nutricionista Alba Vila, que coidará unha tempada máis da alimentación da escuadra.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive