Lugo, 25 de setembro de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participou este mércores nun encontro con máis de 60 gandeiros ecolóxicos de toda Galicia organizado polo Grupo Lactalis Iberia en Doade, no concello de Sober. Trátase dun sector con gran crecemento e con potencialidade para seguir medrando e dinamizando o rural. Tomé lembrou que Lugo é a provincia galega que máis terreo dedica á produción ecolóxica, con máis de 16.500 hectáreas, que supoñen o 49% do total galego.
“Este tipo de gandería adáptase aos consumidores que, cada vez máis conscientes e esixentes, queren produtos de calidade, respectuosos co medio ambiente e co benestar animal. A gandería ecolóxica, ademais de dar resposta a esta demanda, optimiza os recursos da zona e implanta unha xestión do territorio máis responsable”, dixo Tomé, que lembrou o papel da granxa Gayoso Castro como mostra do compromiso que ten a Deputación de Lugo co sector na provincia.
Segundo datos do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), a facturación en 2018 da agricultura e da gandería ecolóxica creceu en Lugo un 33% chegando ata os 29 millóns de euros.
O Presidente destacou tamén o traballo do Grupo Lactalis Iberia, que leva 20 anos apostando polo leite ecolóxico, colaborando con 77 gandeiros galegos e apoiando a reconversión, así como dos propios gandeiros, un dos sectores claves da provincia.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



