15 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

UDIVAL consegue que o Camiño da Cruz sexa un proxecto real

06-09-19

O Valadouro, 6 de setembro, 2019. No pleno ordinario celebrado este xoves, UDIVAL logrou un acordo para que a ampliación do Camiño da Cruz (Alaxe) se convirta nunha realidade. O alcalde, D. Edmundo Maseda, ven de adquirir o compromiso de adicar os primeiros fondos dispoñibles para o arranxo desta vía e poñerse a traballar para conseguir subvencións e poder levalo a cabo. Durante o pleno explicousenos que ata agora existía o atranco de Augas de Galicia para decidir donde iría ubicada a ponte que forma parte do proxecto e como levar a cabo a súa ampliación, aínda que esto sonou máis a disculpa que a outra cousa pois, despois de máis dunha lexislatura como goberno, votarlle a culpa a terceiros é a forma máis sinxela de evitar responsabilidades. Non se pode dar crédito a que dende Augas de Galicia leven cinco ou seis anos sen dar unha alternativa e que iso lle impidira ó señor alcalde lograr un compromiso serio, por parte da Diputación ou da Xunta, para a realización desta obra pois D. Edmundo, dende o seu nomeamento, é moi dado a realizar visitas “institucionais” aínda que, vistos os resultados, poderíamos decir que son viaxes máis ben turísticos.
A parte desto aproveitamos a sesión plenaria para solicitar que se revisen as instalacións do Parque Infantil Rosalía de Castro porque están claramente deterioradas, pois aínda que nos consta que existe un proxecto de mellora, debemos manter en boas condicións o que temos, mentras non se leve a cabo a reforma. Actualmente as cancelas de acceso non pechan ben e están soltas das bisagras, existe óxido e cortes no peche metálico que separa o parque do río co perigro de que haxa un corte nun neno e ter que usar a vacuna antitetánica, tornillos sen protexer pola zona de paso dos pequenos debaixo da ponte que forma parte do tobogán grande e xa non falemos da limpieza dos xogos, que brilla pola súa ausencia, aínda que para moitos nenos esto é un entretenemento porque intentando limpar a mugre adherida pasan o rato… esta visto que a imaxinación dun neno logra sacar proveito de calquer situación.
Finalmente, onte solicitamos que se limpen os sumideiros do pobo. O olor que desprenden é só a manifestación do que se pode estar incubando dentro e a deixadez neste sentido pode traer consecuencias graves para a pobación como sufrir picaduras de insectos ( como leva sucedendo todo o verán, con adultos e nenos seriamente afectados) que, como todo o mundo sabe, son portadores e transmisores de enfermidades. Espero que a carencia de medios para votar auga a presión no alcantarillado (disculpa posta polo alcalde, explicándonos que carecemos de motobomba propia) non sirva para facer oídos sordos sobre isto. Non entendemos porque un pobo, claramente forestal como é Valadouro, está sen motobomba porque, polo que se nos comentou, estase esperando a que nos regale unha a Xunta , pois, dende o noso humilde punto de vista, sería moito mellor carecer doutras instalacións (véxase nave dos invernadoiros, cuio uso descoñecemos) ou vehículos (contamos actualmente con catro tractores) e dispoñer dunha boa motobomba, que podería non só servir para labores de limpeza senon para auxiliar os veciños en caso de incendio.
A lexislatura está arrancando e nós, como sempre mantivemos, entramos no Concello para traballar e aportar ideas e espero que esta primeira intervención de UDIVAL non defraude ós nosos veciños e que confíen en nós para manifestarnos os problemas que perciben e, entre todos, poñerlles solución.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive