Lugo, 6 de setembro de 2019. A Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero acusou hoxe ao PP “de pasar do absentismo total da política autonómica a desbarrar sobre a politica actual”, e pediu ao PP “que pare de enganar e mentir sobre o pago dos fondos a Comunidades e Concellos”. Otero fixo esta afirmación tras coñecer as declaracións do deputado popular, Jaime Olano, sobre este asunto.
A Secretaria Provincial Socialista dixo que “Olano abandonou hoxe o seu tradicional absentismo, en relación cos problemas da provincia e dos lucenses, para pasar directamente a desbarrar poñendo de manifesto un flagrante descoñecemento da legalidade”.
E insistiu nas suas críticas “na roda de prensa que deu hoxe Olano, esqueceu citar o Informe da Avogacía do Estado que sinala que si o Goberno en funcións realiza eses pagos actuaría fora da Lei si aboase esas cantidades”, remarcou a secretaria provincial.
Otero afirma que “é incomprensible que un Deputado do primeiro partido da oposición esixa ao Goberno da Nación que vulnere a lei. Por iso pedimos a Olano que rectifique as súas intolerables declaracións, ou ben lle pedimos a Feijoo ou a algúns dos seus Conselleiros que o saquen do seu propio erro”, espetou.
Por outra banda afirma que “as súas declaracións en relación cos socialistas lucenses poñen de manifesto que un dos trazos da súa nova personalidade política é a descalificacion dos seus adversarios políticos. Xa que como puidemos comprobar hoxe non achega argumentos, senón agravios. O PP solo quere xogar á confrontación e non quere arrimar o ombreiro para solucionar os problemas dos galegos e das galegas”, insistiu.
Os lucenses e os galegos non merecen un dirixente así
Por último dixo que “os seus ataques non merecen máis resposta que a de lembrarlle que vostede é un membro da dirección nacional do PP, por iso, esta especialmente obrigado a dar exemplo de responsabilidade aos membros do seu partido, en lugar de dedicarse a sementar declaracións falsas, mentiras e irresponsabilidade política na vida pública da nosa provincia. Os lucenses e os galegos non merecen un dirixente así”, resumiu.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



