28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Concellería de Patrimonio de Foz anuncia a apertura da Mostra arquivo Walter Ebeling, Exposición Fotográfica, o vindeiro 4 de novembro no Cenima

29-10-19

 Foz, 28 outubro, 2019. Para conmemorar o Día Mundial do Patrimonio, a Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, en colaboración co Museo Provincial de Lugo, exhibirá en novembro e decembro esta meritoria exposición etnográfica. Esta mostra, pretende achegarlles a todos os curiosos e interesados na memoria do noso patrimonio etnográfico uns valiosísimos documentos gráficos, únicos, nos que se reflicte a vida dos nosos inmediatos devanceiros, entre os anos 1928 e 1933. Ao longo dos anos 1928, 1929 e 1933 o filólogo e historiador alemán Walter Ebeling percorreu a xeografía galega para recoller testemuño da vida cotiá dos homes e as mulleres do agro. A Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, quere poñer en valor o patrimonio etnográfico, natural, histórico e lingüístico do noso Concello e por extensión do noso país, porque temos unha lingua, entorno natural, tradicións e patrimonio histórico-artístico que ben merecen ser celebrados. As actividades para a súa posta en valor inicianse con esta exposición, que abrangue cincocentas corenta fotografías. Invitamos a cantos teñan interese no noso patrimonio a achegarse ao Cenima en Foz entre o 4 de novembro e o 15 de decembro e disfruta desta mostra.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive