12 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta vén de deixar sen efecto a habilitación dunha nova unidade de infantil en Trabada tras a redución de matriculas

07-10-19

 Lugo, 7 de outubro, 2019. José Manuel Balseiro confirmou que a Xunta vén de deixar sen efecto a habilitación dunha nova unidade de infantil en Trabada. A decisión vén motivada porque o centro dispón de 4 alumnos de educación infantil cando o número de matriculados mínimos para manter esa unidade é de 6.

Neste momento, polo tanto, o centro ten 30 alumnos, agrupados en dúas aulas: 4 de educación infantil e 26 de educación primaria.

Unha decisión en sentido diferente suporía un agravio comparativo con respecto a outros centros que, en Galicia ou na provincia, están en circunstancias similares, como é o caso de Samos, Navia ou O Courel.

A efectos prácticos implica que o centro agrupa nunha mesma aula alumnos de infantil e primaria, algo propio das escolas agrupadas do rural e que non supón efectos pedagóxicos. A dirección do centro pasa a denominarse coordinadora, a simples efectos xurídicos e retributivos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive