28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Aberto o prazo para solicitar no Concello de Xove as bolsas e axudas ao estudo 2019/2020

29-10-19

 Xove, 29 de outubro, 2.019. Ata o 18 de novembro está aberto o prazo para solicitar no Concello de Xove as bolsas e axudas ao estudo 2019/2020. Para formalizar as solicitudes , pódese facer presencialmente no Departamento de Servizos Sociais, ou ben a través da Sede Electrónica. A documentación está colgada a través da rede na web do Concello: www.xove.es.
As bolsas e axudas ao estudo reguladas nas presentes bases teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados do aloxamento, material e pago das taxas ou prezos de quen se atope realizando estudos, coas dotacións máximas e demais condicionantes que se fixan nas bases posteriores. A contía destinada ás presentes axudas é de 43.000 €.

As bases reguladoras da concesión de Bolsas e Axudas ao Estudo do Concello de Xove contemplan as seguintes modalidades:

1.-Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €.

2.-Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €.

3.-Modalidade 3.- Axudas para alumnos con discapacidade física ou psíquica que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha.

4.-Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación:
a.- Preescolar: 65,00 €
b.- Primaria e ESO: 60,00 €
c.- Bacharelato: 125,00 €
d.- Ciclos formativos: 125,00 €

5.-Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €.
6.- Modalidade 6.- Axudas para master, dotada con 500,00 €.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive