Ribadeo, 29 de outubro de 2019. O Concello sacou hoxe a licitación o contrato de servizos para a realización de actividades socioculturais, denominado ¿Aquí? Coma de 20!, que se divide en dous bloques. O primeiro inclúe actividades formativas, lúdico recreativas, saídas culturais, cafés tertulia ou obradoiros. O segundo estará centrado no movemento activo para mellorar a condición física dos asistentes. Esta programación está destinada aos homes e mulleres maiores das parroquias de Ribadeo. As empresas interesadas dispoñen de 15 días para consultar a documentación e presentar as súas ofertas. O presuposto anual será de 55.600 euros. A duración do contrato será dun ano con posibilidade de prórroga de dous máis.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “no Concello de Ribadeo sacamos hoxe a licitación un importante contrato de servizos relativo a actividades socioculturais baixo o título Programa ¿Aquí? Coma de 20!, que está dirixido a todas as persoas, aos homes e mulleres, das parroquias do noso concello onde imos dividilo en dous grandes bloques”.
O rexedor contou que “o bloque primeiro é relativo ás tardes de lecer, que serán actividades formativas a través de cursos de manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación, ou mesmo obradoiros de coñecemento do entorno e da historia local. Así como tamén doutro tipo de actividades lúdico recreativas para entreter e para ocupar o tempo de lecer de xeito creativo e lúdico fomentando así as relacións sociais. Para iso contémplanse excursións, saídas culturais, xuntanzas, cafés tertulia ou mesmo diferentes propostas de xogos ou obradoiros de memoria e actividades encamiñadas a fortalecer as habilidades sociais”.
Suárez Barcia engadiu que “por outra banda plantexamos un bloque moi importante baixo o título de Movemento activo que son actividades encamiñadas á conservación e á mellora da condición física loxicamente adaptadas ás características de cada persoa, a través do desenvolvemento de exercicios físicos de mantemento ou de tonificación e de coordinación. Todas estas actividades se van levar adiante nas diferentes escolas parroquiais e teleclubs tanto na costa como no interior, sempre en horario de tarde”.
O alcalde ribadense subliñou que “pretendemos que este contrato estea licitado e adxudicado canto antes para empezar neste ano 2019. Todas as empresas interesadas en participar nesta licitación teñen, desde hoxe, quince días para ver toda a documentación que está na plataforma electrónica de contratos do Estado ou no perfil do contratante da páxina web do Concello. O prezo deste contrato anual serán 55.600 euros ao ano, podendo ser prorrogado dous anos máis”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



