28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os usuarios e usuarias da residencia de maiores de Ribadeo desfrutaron este mércores dun magosto

30-10-19

Uns prepararon as castañas no interior e outros participaron no seu asado no exterior do centro. Xunto a eles estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros Pilar Otero e Jorge Díaz, e o traballador social, José Luís Gegunde, que aproveitaron a visita para saudar e charlar cos residentes. Esta foi unha tarde especial xa que ademais celebrouse o cumpreanos de varios usuarios e usuarias do centro. A máis veterana cumpriu 98. Todos lles cantaron o cumpreanos feliz e degustaron un doce.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive