‘Eran os mellores tempos, eran os peores tempos’. Así comeza a ‘Historia de dúas cidades’ de Dickens. E así podería comezar a nosa historia actual camiño dunhas novas (e)leccións o 10 de novembro.
E é que hai xente para quen ‘as cousas’ marchan ben. E para a que non, nin moito menos e diríase que cada vez en maior cantidade. No mesmo mundo, e con tanta diferencia. Quizás aí está a clave: o aumento das diferencias, e con elas, o aumento da falta de empatía, poñerse en lugar do outro ou da falta de colaboración, ou o aumento do ‘primeiro eu, despois eu, e logo xa veremos se eu’, ou do ‘facer isto, a quen perxudica?’ entrepechando os ollos ó mesmo tempo para non ver máis que o que convén.
O caso é que estamos de novo en período electoral, máis cartos gastados e os partidos botando contas sobre votos e escanos en troques de facelo sobre necesidades e benestar. Desviando a atención con Cataluña -ou con Franco- mentres o tecido industrial continúa a desfacerse, as pensións pasan a entenderse como un préstamo caritativo, pódente despedir se faltas aínda que sexa de xeito xustificado, as violacións quedan en abuso ou segue a corromperse o sustento vital que é a Terra, despois de que a corrupción campe na sociedade.
Vexo na propaganda electoral que chega ó correo -si, segue a chegar propaganda dalgúns partidos porque alguén se esqueceu / non quixo moverse para que non chegara papel mollado- a palabra España -ou Galiza- destaca nos sobres, mais boto en falta verbas como persoas, ou aínda cidadáns, ou comunidade. Outros, sinxelamente din ‘vota’: para que ir máis aló? Conta con nós… refírse a eles, non a nós. Pero o non plus ultra lévao o que resalta a bandeira -constitucional, iso si- como encarnando as esencia se que se quite o demais, que non importa.
Iso, polo exterior: os sobres non van dirixidos a min. E isto si é literal e figurado, ambalasdúas cousas ó tempo. Literal, porque non aparezo como destinatario, e figurado porque nos sobres aparece claro a verba ‘propaganda’, e iso é o que menos necesito, propaganda, que traten de dirixirme con teatro lonxe da representación real que é a vida. En realidade, algún si vai dirixido a min: ‘electores residentes en’ é un título xenérico que aforra cartos no envío e ó tempo sáltase a legalidade a destra e sinistra ó facer chegar os sobres a quen pediu que non se lle enviaran.
Votar? Mentres que non nos organicemos para facer un remake real do ‘Ensaio sobre a lucidez’ de Saramago, non quedará outra que facer uso desa partícula de liberdade que aínda temos a nivel político. Partícula de liberdade se non está xa perdida entre fake news, mentiras, promesas que non se pensa en cumprir, ocultación do negro dun tapado co negro do outro, ou sinxelamente, clientelismo, caciquismo ou intereses particulares contra o ben común, ‘inconfesables’…
Aprenderemos a (e)lección ou deixaremos que nos apliquen o dito ‘a letra coa sangue entra’?






Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



