15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Shopping Weekend este fin de semana en Viveiro

07-11-19

 Viveiro, 7 de novembro, 2019. O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 8 e o sábado 9 de novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 57 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Esta é unha das edicións máis concurrida en canto ó número de locais participantes de tódalas que se levan realizado. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, perfumería, beleza e benestar, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc.

Os locais participantes son:

– Óptica Rosario
– Deportes Don Balón
– Confecciones Justo Vázquez
– Baühaüs
– Muebles Iglesias
– Irimia Paquetería
– Platax
– Grafity
– Regalos Sulian
– Calzados Vogue
– Madrás
– Esprit
– La Óptica Viveiro
– Lencería Canela
– Van Surf Sneakers
– Dandara
– Van Surf Shop
– A Tenda da Calexa
– África Copias
– Rockids
– Jonathans
– Baamonde Style
– BMD
– Óptica Casariego
– Raquel Seijido
– Las Fidalgas
– Carlos Fotógrafos
– Tacones
– Versus
– Kody Kids
– Joyería Paleo
– Podium Sport
– Estanco Casanova
– Calzados Albo
– Kandela Iluminación
– Albo Zapaterías
– Mobiltom
– Albo zapatillería
– Nacar
– Piti Deportes
– El Faro
– Kerale Moda
– Tejidos Rogelio
– Oscar Rodríguez Joyeros
– Paquetería Mónica
– Fontana
– Depidel
– Miss-tic
– Carnicería Mariño
– Oxígeno Surf
– La Tienda de Aradia
– Kalea Platería
– Peluquería Richard XFavor
– Fontenova Panadería
– Yoga Pilates Ana
– Cerámica Regal
– Paquetería Lage
– La Huerta

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.

Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive