Ribadeo, 3 de decembro de 2019. O colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús recibiu un premio do certame Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego polo proxecto Na fronte unha estrela e no bico un cantar, actividade coa que este centro educativo de Ribadeo celebrou o día de Rosalía este ano. Trátase dun premio outorgado por Escolas Católicas e a editorial Santillana a dúas iniciativas seleccionadas de entre 115 presentadas ó concurso.
Nesta actividade do colexio Sagrado Corazón “uníanse a poesía, a astronomía, a música e a plástica. Partindo do poema A Rosalía, de Curros, fomos colocando as constelacións máis importantes que vemos no ceo ó longo das distintas estacións. En cada constelación ía escrito un poema de Rosalía e nas estrelas que a conformaban códigos QR co poema recitado polo alumnado, versións musicadas e outros datos do mesmo. O remate do traballo era un poema de Lorca: Canción de cuna a Rosalía morta. Traballáronse os distintos poemas con versións musicadas moi diferentes: Carme Rodríguez, Amancio Prada, Astarot, Pandereteiras de Verducido, AID, … Con estas constelacións realizamos un mural que estivo decorando o patio do colexio desde febreiro, para que toda a comunidade educativa o puidera ver”, explica a xefa de estudos do centro, Begoña Sanjurjo.
A xefa de estudos do Sagrado Corazón destacou: “é un premio do que estamos moi orgullosos porque, ademais de ser unha actividade multidisciplinar en galego, foi realizada por todo o colexio en conxunto, desde o alumnado de 3 anos ata os de 16, sendo un premio para tod@s”.
O premio, que foi recollido en Santiago polas profesoras Begoña Sanjurjo e Isabel Fernández, consiste en 300 euros para comprar material en galego e unha actividade para o centro.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.