Debido ao aumento de casos no municipio do Vicedo, o vindeiro domingo 24 de xaneiro a partir das 10h no polideportivo municipal do Vicedo realizarase un cribado masivo con probas PCR. Toda persoa que queira facer a proba deberá anotarse no 982 59 00 29, na extensión de servizos sociais, ata o venres 22 de xaneiro ás 15h, facilitando o número de DNI e o teléfono de contacto.
Os casos activos na provincia siguen subindo, 63 máis. Son arestora 1273. Destes 8 están na UCI do HULA. 37 en hospitalización (19 no Hospital da Mariña, 2 no Hospital de Monforte e 16 no HULA) e o resto en domicilio.
Como na primeira, foi na residencia de Maiores de Burela, sendo de novo Maria del Carmen Fdez. Perez, de 85 años, a primeira lucense en recibila.
A falta de que se ratifique na asemblea de traballadores, poderá iniciarse a negociación da venda a través da Sepi.
Esta fin de semana estaba previsto que actuase na vila ribadense a cantante cubana Jamila Purofilin e que o día 31 de xaneiro a compañía teatral Chévere representase Curva España. A maiores había programados os espectáculos de Raquel Queizás e Fátima Fernández, para nenas e nenos, que tamén terán que esperar.
Nunha época chea de incertezas e de problemas, a solidariedade faise necesaria e bota una man para superar a crise. Consuelo, Severino, Elvira, Fermín, Xosé Luís, Félix, Teresa e Cándido volveron discutir dende os balcóns e a reflexionar, en clave de humor, sobre os problemas da pandemia e do confinamento. Recadáronse varios centos de euros e algúns alimentos para Cáritas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “o orzamento destas subvencións ascende a 6.000 euros e o prazo para presentar solicitudes é de 20 días naturais, polo que remata o 4 de febreiro. Poderán ser beneficiarias das subvencións as asociacións legalmente constituídas e que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. Tamén deben desenvolver as súas actividades total ou parcialmente no concello de Lourenzá”.