15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

OPP Lugo organiza este mércores unha nova xornada sobre a valorización dos descartes na pesca

02-12-19

 Burela, 2 de decembro, 2019. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo organiza este mércores 4 de decembro unha xornada sobre a valorización dos descartes na pesca. A xornada, que se organiza en colaboración con Armadores de Burela, terá lugar no salón de actos de ABSA, no porto de Burela (Lugo).
Desde as 10:15h ata as 13:30h sucederanse diferentes charlas de interese sobre a materia, agrupadas en tres bloques temáticos:
BLOQUE I: “Avaliación da obriga de desembarque desde a perspectiva de control”, a cargo de María Cristina Morgado, vice-xefa unidade de Augas Europeas e Atlántico Norte – Axencia de Control da Pesca (EFCA).
BLOQUE II: “Avaliación da implementación da OD na xestión pesqueira nacional e europea”, a cargo de Rafael Centenera Ulecia, Subdirector Xeral de Caladero Nacional e Augas Comunitarias – Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
BLOQUE III: “Exemplo de valorización: posible aproveitamento de cabezas de tiburón”, a cargo de Genma Laso Rodríguez, CEO de Inxenia DT.
Ao finalizar a xornada, os asistentes disfrutarán dunha degustación de produtos pesqueiros con receitas variadas a base de especies descartadas ou de alto potencial comercial, representativas das diferentes modalidades de pesca da OPP7.
Esta acción está enmarcada no Plan de Produción e Comercialización 2019 de OPP Lugo e cofinanciada pola Xunta de Galicia e Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive