Viveiro, 2 de decembro de 2019. O estado das infraestruturas que dependen do Concello de Viveiro é facilmente mellorable, debido á falta de mantemento periódico e adecuado. O mal estado dalgunhas rúas e pistas provoca numerosas queixas dos cidadáns, obrigados a sufrir a diario os inconvenientes da falta de dilixencia do goberno presidido por María Loureiro no exercicio das súas responsabilidades. Un caso de vía en mal estado é o do camiño de acceso a igrexa de Covas. Para que sexa reparado, os concelleiros populares de Viveiro, pola man de José Ramón Soto, presentan un rogo, que esperan que sexa atendido canto antes.
Na iniciativa do grupo municipal que ten por voceiro a Óscar Rodríguez faise constar o seguinte: «Tanto a veciñanza como os demais usuarios habituais do camiño de acceso a igrexa de Covas fan chegar ao PP queixas pola situación lamentable e de abandono no que se atopa este acceso. Trátase dun camiño usado por moita xente, tanto a que acude ao templo a actos da Igrexa como polos que o utilizan como vía de paso ou para pasear».
Na actualidade, o camiño está cheo de fochancas que, cando chove, están cheas de auga. Para os peóns e incómodo e incluso perigoso camiñar por esta vía.
Os edís populares solicitan que o Concello realice as xestións necesarias para poñer o camiño nas condicións adecuadas, de xeito que sexa cómodo e seguro camiñar por el.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



