25 de Xaneiro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Compromiso por Galicia Burela denuncia a falla de coherencia do Sr. Llano en políticas de igualdade

13-01-20

Burela, 13 de xaneiro, 2020. En declaracións feitas polo alcalde aos medios as dúas tenencias de alcaldía do noso Concello estarán ocupadas polos concelleiros Ramiro e José Díaz. Demandamos publicamente que isto non sexa así no pleno de organización do Concello e que o PSOE sexa coherente co mensaxe de igualdade e nomee a algunha das mulleres concelleiras como Tenente de Alcalde.
Non é unha acción política de galería é unha realidade a necesidade de rachar o teito de cristal en postos directivos, así o fixo o Sr. Sánchez no sei primeiro goberno. Mais está claro de esta política non vai co Sr. Llano, polo visto nas súas designacións, que son competencia do Alcalde.
Dende CxG Burela non nos estrañamos xa que Llano representa o PSOE de Ibarra e Paco Vázquez, progresistas á súa maneira. Dende CxG queremos que burela sexa vangarda na nosa comarca e mal empezamos con estes xestos, por iso pedimos a rectificación do PSOE e do Sr. Llano en coherencia co seu propio discurso.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive