22 de Febreiro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Costas estuda a instalación dun local de hostalería na praia de Fomento, no Vicedo

14-02-20

 Lugo, 14 de febreiro de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informa de que o servizo provincial de Costas, dependente do ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ten en tramitación unha solicitude para a colocación dun local de hostalería na praia de Fomento, no concello de O Vicedo.

A solicitude é para unha instalación de temporada cunha duración de 4 anos, feita por un cidadán dacordo coas posibilidades que ofrece a normativa de Costas.

Trátase dun elemento móbil de hostalería consistente nunha caseta de madeira, de 8×2,5 metros, na que se habilita unha pequena barra e zona interior para mesas, así como unha terraza exterior de 50 m2.

O servizo provincial de Costas vén de someter esta solicitude a información pública, durante un período de 20 días no que se poderán formular as alegacións oportunas. O anuncio foi publicado este xoves no Boletín Oficial do Estado.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive