05 de Xuño de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro levará ao pleno do 2 de xuño os orzamentos de emerxencia e xa ten listas as bases para o plan de reactivación económica

23-05-20

 Viveiro, 23 de maio de 2020. O goberno municipal do Concello de Viveiro informa a todos os veciños e veciñas que o vindeiro 2 de xuño celebrarase o pleno ordinario, no que se incluirán os orzamentos de emerxencia para a súa aprobación.

Así mesmo, o concello xa ten preparadas as bases para o Plan de Reactivación Económica, unha iniciativa para paliar as consecuencias da pandemia.

Tal e como estaba previsto, segundo o indicado no anuncio deste plan, tanto os presupostos como as bases están preparados para finais deste mes de maio e, loxicamente, tendo en conta que o 2 de xuño corresponde a celebración dun pleno ordinario, considerouse que o máis axeitado era proceder á aprobación neste pleno do orzamento municipal, no que se inclúe a dotación económica necesaria para o Plan de Reactivación Económica.

Neste pleno tamén se incluirá a suspensión das taxas de ocupación de vía pública para a instalación de terrazas.

Para a primeira sesión plenaria que o Concello de Viveiro vai celebrar tras a declaración do Estado de Alarma, adoptaranse todas as medidas establecidas, valorando a posibilidade de realizalo de forma presencial ou por videoconferencia, segundo as indicacións existent

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive