25 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Porto de Celeiro responde ante esta crise coa doazón do seu produto estrela, a pescada, a familias en situación de necesidade

22-05-20

 Viveiro. 21 de maio 2020. Máis de dous meses de estado de alarma e unha crise económica sen precedentes provocaron situacións de necesidade na nosa contorna que desataron grandes xestos de solidariedade por parte da sociedade en xeral e do mundo corporativo. Porto de Celeiro, sensible #ante a situación, colabora desde o principio da crise coa doazón diaria do seu produto estrela, a Pescada de Celeiro, a familias con problemas económicos. Esta doazón canalízase a través da Cruz Vermella, así como os Servizos Sociais de Viveiro, responsables de facer chegar ao produto aos domicilios daqueles que máis o necesitan. Desde o principio desta crise deuse resposta á demanda de axuda, e son xa máis de 300 quilos de pescada doadas a máis de 200 familias da súa contorna inmediata que necesitan apoio #ante esta situación.
O compromiso de Porto de Celeiro non se esgota na doazón de pescada que se realiza con carácter diario, senón que en colaboración coa Confraría de Porto de Celeiro, que doou xarda para o mesmo fin, cedeu as súas instalacións para a súa conservación. O consumo de peixe fresco declarouse como alimento fundamental para manter hábitos saudables cos que enfrontarse á enfermidade e o confinamento, as súas propiedades nutricionais garanten o consumo de proteína, a ausencia de graxa, e elementos fundamentais como o zinc e o omega 3 que axudan ao noso sistema inmune.
A empresa manifestou a intención de seguir realizando esta acción solidaria durante o tempo que sexa necesario e mostra o seu compromiso #ante os axentes sociais e a súa contorna de forma incondicional. Non é a única acción solidaria de Porto de Celeiro, a doazón de produto e a colaboración en especie, son parte fundamental da súa Responsabilidade Social Corporativa. Unha colaboración que puidemos comprobar en múltiples eventos como a Festa da Pescada de Celeiro, a feira gastronómica Xantar, diferentes showcookings ou o evento solidario de Negreira a favor de Cáritas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive