Burela, 10 de xullo de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, fai unha chamada á tranquilidade e á responsabilidade da poboación para facerlle fronte ao brote de Covid-19 o antes posible. Burela conta con 137 positivos a día de hoxe. Llano agarda que nuns días a situación se vaia normalizando e que a xente retorne á Mariña a pasar o verán.
O rexedor declarou que “seguimos máis ou menos no mesmo confinamento, na mesma liña do confinamento que saíu publicado no DOG hai uns días. Agora, con respecto á nova situación realmente quen ten un aspecto diferencial é Burela. En Burela agora mesmo contamos con 137 positivos e loxicamente somos os que maior número temos na Mariña e iso condiciona as restricións”.
Llano explicou que “seguiremos confinados durante 5 días, desde as 00:00 horas do sábado ata o mércores, por tanto serían 5 días, sábado, domingo, luns, martes e mércores ata as 00:00 horas, que xa será xoves para ver se seguimos ou paramos. A Burela vaille afectar do mesmo xeito que aos outros concellos en canto a horarios, aforos, en ter coidado coas aglomeracións, a obrigación de levar a mascarila… todo este protocolo que máis ou menos coñecemos todos. As tendas poden abrir, pero coa restrición dos aforos loxicamente”.
O alcalde burelés subliñou que “o que nos afecta realmente é a mobilidade. A mobilidade ¿qué significa? Que non pode vir xente de fóra a Burela salvo que teña algunha xustificación e non podemos saír de Burela a outro lado salvo que tamén teñamos xustificación. A máis habitual é ir a postos de traballo, ir ao coidado dalgunha persoa que o necesite, ir á residencia principal… unha serie de detalles que xa se verán reflectidos no DOG cando salga publicado”.
Alfredo Llano lanzou unha mensaxe de tranquilidade á poboación: “eu quero tranquilizar á xente de Burela. Temos que facer o máximo posible agora mesmo para limitar os contaxios. Non podemos facer que vaian aparecendo positivos todos os días. Temos que chegar a un momento no que non apareza ningún ou no que aparezan algúns que non sexan preocupantes. Quero dicir, que tamén quero tranquilizar no aspecto de que isto do brote comezou aproximadamente o 22 ou o 23 de xuño, agora mesmo estamos a 10 de xullo e vanse culminando os confinamentos de 15 días das persoas que tiveron algunha vinculación cos contaxiados que deron positivo. Por tanto, unha vez que van finalizando eses confinamentos de 15 días, as persoas que non teñan ningún síntoma, sexan positivos ou non, xa se pode ir incorporando á vida civil. Por tanto, a partir de agora, pouco a pouco se irá reducindo o número de confinados e o número de afectados, iso seguro”.
O alcalde declarou que “é certo que temos moita preocupación pola situación socioeconómica, pero agora mesmo entre todos temos que ser unha piña para cortar a cadea de contaxios, canto antes o fagamos mellor. Imos tratar de colaborar e de facer as cousas o mellor posible entre nós para que non haxa ningún perigo”.
E engadiu que “desde o Concello desde logo evitamos todos os lugares que poidan ser un foco de contaxio pola vinculación, como os parques. Pechamos parques, algunha praza, algunha área recreativa, os polideportivos, as actividades da Ocioteca, culturais, de todo tipo, porque non queremos dar ningunha oportunidade ao contaxio do coronavirus”.
Alfredo Llano insistiu en que “debemos concentrarnos todos os veciños de Burela para evitar todo isto, tendo as precaucións debidas, procurar que si se coñece a alguén vinculado co primeiro foco que se manteña na casa. Hai que procurar cooperar entre todos para que isto se vaia e poder normalizar a situación, que é moi importante para todos, pero agora mesmo isto só se pode facer se lle facemos fronte entre todos a esta situación. Quero tranquilizar nese aspecto. Burela está afectada máis que outros lugares, pero entre todos concienciados poderemos superar esta situación. E o resto de concellos que seguen en confinamento aínda que eles pódense comunicar entre eles, como a semana pasada entre todos: a xente que está en Viveiro pode ir a Foz tranquilamente, de Foz a Ribadeo, de Ribadeo pode ir Viveiro, pero non poden saír a Lugo, a Asturias… Entre todos imos procurar acabar dunha vez por todas con esta cuestión que nos esta afectando tanto, imos procurar aprender, ter a conciencia clara e ter a sensación de que estamos axudando e de seguridade e saír para adiante o antes posible”.
O alcalde burelés dixo “imos ver se o mércores que vén podemos liberar Burela para que quede comunicada e que volvamos ser un atractivo turístico outra vez e para que a xente veña a visitarnos con tranquilidade e confianza, que é o que queremos. E volver facer unha vida normal. A Mariña é moi atractiva e hai que dar esa confianza para que veñan visitarnos. Entre todos podemos conseguilo. Moitas grazas polo apoio e xa veremos como entre todos acabaremos con esta situación”.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



