11 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG alerta de que o galego está desaparecido no Concello de Viveiro

31-07-20

 Viveiro, 31 de xullo, 2020. O BNG denuncia que o Concello de Viveiro está a excluir de maneira sistemática a lingua galega na totalidade das suas áreas e ámbitos, tanto en declaracións institucionais, como en regulamentos, concellerias, cartaces, panfletos e paneis informativos, videos promocionais, difusión de mensaxes institucionais, documentación dos plenos e comisións informativas, ordes do día, propostas, atencións en xeral… e un longo etcétera.

Cómpre lembrarlle ao Goberno de Viveiro que están a incumprir o Estatuto de Autonomía de Galiza no que seu artigo 5 di:“a lingua propia de Galiza é o galego”, e que os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas potenciando o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa. Así mesmo, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, indica no seu artigo 4.1 que “o galego, como lingua propia de Galiza, é a lingua oficial das institucións da comunidade autónoma, da súa administración, da administración local e das entidades públicas dependentes da comunidade autónoma”.

Do mesmo xeito, empregando só o castelán están a incumprir o apartado c) do artigo 13 da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias no que se rexeitan as prácticas que tendan a desmotivar o uso das linguas rexionais ou minoritarias no marco das actividades económicas ou sociais.

Desde o BNG solitamos á alcaldesa María Loureiro, que deixe de excluír o galego en todos os ámbitos do Concello e que cumpra a normativa vixente en materia lingüística, lembrandolle da existencia dun Servizo de Asesoramento Lingüístico aos Concellos (SALC) dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo con esta finalidade.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive