26 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Burela organiza un obradoiro de xabóns artesanais e medicinais o 18 de setembro. A actividade enmárcase na programación da Semana Europea da Mobilidade, que comeza este mércores

15-09-20

 Burela, 15 de setembro de 2020. O Concello de Burela organiza un obradoiro de xabóns artesanais e medicinais, que se celebrará este venres, 18 de setembro. A actividade enmárcase na programación da Semana Europea da Mobilidade, que da comezo mañá.
O obradoiro está pensado para adultos e é gratuíto. Terá lugar na Praza de Abastos e desenvolverase de 17:00 a 20:30 horas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do número de teléfono 647 136 673. O número de prazas é limitado e para participar é necesario estar empadroad@ no Concello burelés.
Neste obradoiro elaboraranse distintos tipos de xabóns de xeito tradicional, tanto para o uso cosmético como para o fogar. Farase unha introdución ás plantas medicinais e ás súas propiedades, como ingrediente para a elaboración dos xabóns. Traballaranse distintas técnicas de decoración e tinguido e tamén o curado do xabón e as formas de uso.
O Concello de Burela tamén anuncia que as actividades de educación vial, programadas para o día 21 e 22, que ían celebrarse no IES Perdouro, terán que aprazarse debido a que se retrasa o comezo do curso. A charla de Educación Vial e o taller de Stop Accidentes están dirixidos a alumn@s da ESO e celebraranse en vindeiras datas.
Intensa semana
O programa da SEM dará comezo mañá, mércores, con dúas charlas sobre Educación Vial, impartidas por persoal da DXT, para alumnos de 4º de Primaria nos CEIP Virxe do Carme e Vista Alegre.
O xoves o Concello continuará coa súa campaña Garda os teus contactos, co fin de previr os contaxios de covid, en diferentes rúas da vila.
O venres, día 18, será o obradoiro de xabóns
O 19 entre as 10:30 e 13:30 horas desenvolverase a ruta xeolóxica Monte Castelo e para participar será necesario inscribirse. Ás 11:00 horas haberá un obradoiro de cartón na Biblioteca Municipal, onde previamente terán que anotarse as persoas interesadas.
O 20 de setembro de 8:00 a 20:00 horas a rúa Rosalía de Castro permanecerá cortada ao tráfico entre as interseccións das rúas Eijo Garay e Curros Enríquez. E ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal, haberá cine infantil.
Ademais, durante toda a Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Burela organiza un concurso de selfies no Instagram da Concellería de Medio Ambiente, baixo o lema Por unha mobilidade sen emisións. Entre todos os selfies que se suban sortearase unha cea, valorada en 100 euros, nun local de Burela. Tamén durante a SEM haberá un sistema gratuíto de préstamo de bicicletas eléctricas, na Praza do Concello, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Desde o equipo de goberno animan á cidadanía “a participar nas actividades da Semana Europea da Mobilidade, seguindo todas as indicacións e as medidas de seguridade postas en marcha para facerlle fronte ao covid-19”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive