26 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta destaca en Lugo que o carácter familiar das pemes da industria forestal é unha das claves da súa fortaleza

16-10-20

 Lugo, 16 de outubro de 2020. O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, salientou hoxe durante a súa intervención nunha xornada sobre a remuda xeracional na empresa familiar, organizada pola Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo a importancia deste tipo de iniciativas para facilitar o mantemento da capacidade industrial neste sector, maioritariamente conformado por pemes e micropemes e cun importante peso dos autónomos.

Lema destacou o comportamento do empresariado da industria forestal en Galicia ante a pandemia, sinalando que, segundo os primeiros resultados dunha enquisa promovida por Xera e elaborada pola Universidade de Vigo, o 33% das empresas manterán os investimentos previstos para este ano, e mesmo o 7% ten previsto incrementalos.

Neste sentido, subliñou que o feito de que os xestores das pemes forestais lle vexan futuro na actual situación económica está en boa medida ligado, entre outros, ao carácter familiar de empresas que conforman esta industria.

Habilidades directivas
Ignacio Lema tamén participou esta tarde, mediante videoconferencia, nunha xornada sobre habilidades directivas na cadea monte industria, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia (COEFTG). Durante a súa intervención sinalou que un dos obxectivos da Axenda de impulso da industria forestal de Galicia é incorporar progresivamente talento profesional tanto directamente ás empresas da cadea como a través do crecemento das firmas de consultoría.

A xornada celebrada hoxe conta co apoio da Xunta dentro da Estratexia de Formación da Industria Forestal. Neste marco, Xera apoia con preto de 500.000 euros a posta en marcha de 157 accións formativas, nas que se espera que participen 2500 profesionais, e 14 accións de divulgación que se prevé que chegarán a 10.000 persoas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive