29 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta vén de renovar o punto de captación de auga para o abastecemento de Barreiros, no que investiu 48.400 euros

16-10-20

 Lugo, 16 de outubro de 2020.- A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de mellora do punto de captación de auga do río Masma para o seu posterior tratamento na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Rexa, no concello de Barreiros.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou a zona acompañado por persoal técnico de Augas de Galicia e pola alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, entre outras persoas; e explicou que a Administración autonómica investiu 48.400 euros nesta actuación, co fin de contribuír á mellora do sistema de abastecemento do municipio.

A actuación supuxo a retirada da estrutura existente deteriorada pola acción da auga do río e polo paso do tempo, e a a execución dunha nova instalación no mesmo punto que a anterior. As obras prolongáronse durante algo máis dunha semana.

Arias lembrou que o organismo hidráulico da Xunta continúa achegando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive