28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os socialistas lucenses demandan a Feijóo que deixe de aplicar criterios arbitrarios nos peches perimetrais dos concellos

21-11-20

 Lugo, 21 de novembro de 2020. O Grupo Socialista na Deputación de Lugo defenderá o vindeiro martes, no Pleno da Corporación, unha moción para que o Goberno de Feijóo impulse medidas efectivas para facer fronte á segunda vaga da COVID-19. Concretamente, reclaman “que deixe de aplicar criterios arbitrarios á hora de decidir que municipios ou territorios deben asumir as medidas más restritivas, e que abra unha liña permanente de colaboración cos concellos”.

A voceira do PSdeG na Deputación, Pilar García Porto, sinala a través desta iniciativa as institucións lideradas polos socialistas “reiteramos o noso compromiso de colaboración leal na loita contra a pandemia, pero reclamamos a Feijóo que exerza o seu deber de coordinación e as competencias que lle son propias”.

Na moción rexistrada, o PSdeG demanda á Xunta “que faga xa un novo reparto de material preventivo ós concellos, como máscaras ou luvas, e que acompañe o envío de tests de antíxenos coa achega de persoal sanitario necesario para realizalos”. Solicita que “asuma o custo das tarefas de desinfección nas aulas e se cubran as necesidades de máscaras da comunidade educativa”. Tamén pide reforzar a loita contra a pandemia “coa contratación de médicos e persoal sanitario de reforzo, dun xeito especial no que respecta á atención primaria”.

García Porto denuncia que o Goberno de Feijóo “ignorou aos alcaldes e alcaldesa, e a día de hoxe segue sen escoitar as súas suxerencias, negándolles incluso información transparente. A pesares de que é a súa competencia, a Xunta non volveu facer novas entregas de material sanitario, nin ten respondido á demanda das entidades locais de que asuma o custo das tarefas de desinfección dos centros. De certo, seguimos sen saber como se están gastando os 100 millóns de axudas achegados polo Goberno central para a loita contra a pandemia”.

Situación das residencias
“Mención especial merece, de novo e por desgraza, a situación das residencias de maiores, nas que volveron a rexistrarse picos de incidencia moi graves”, subliñou a voceira socialista na Deputación: “O Goberno de Feijóo segue a perpetuar un modelo de residencia que xa se revelara fallido. Un modelo de xestión privada, masificado, con déficit de persoal e atención sanitaria, e que, a pesar dos concertos coa Administración, actúa sen someterse ós controis periódicos necesarios para asegurar a atención e a dignidade dos maiores que residen nelas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive