20 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación dotará a parroquia focense de San Acisclo dun novo local social con 43.000€

11-01-21

 Lugo, 11 de xaneiro de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a presidenta da asociación de veciños Río de Ouro de San Acisclo de Foz, María Jesús Díaz Cao, asinaron un convenio de colaboración por importe de 43.000€ para a construción dun local social.

Esta nova infraestrutura, que vai estar adosada ao actual edificio da Escola de San Acisclo, aumentará a superficie útil da antiga escola e proporcionará unha maior funcionalidade ao edificio. O novo local permitirá que se aumente aforo, moi limitado neste momento, e permitirá realizar unha serie de actividades que actualmente non se poden facer por falta de espazo, como obras de teatro, pequenos concertos, sesións de cine ou faladoiros, entre outras.

Esta colaboración da Deputación de Lugo coa asociación de veciños Río de Ouro de San Acisclo de Foz responde ao compromiso de cooperación da institución provincial co tecido social da provincia para mellorar e ampliar servizos, co obxectivo de favorecer así a calidade de vida da veciñanza e contribuír a fixar poboación no rural.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive