O alcalde Barreiros, Alfonso Fuente Parga, informou no pleno celebrado onte que o concello recibiu unha subvención de 123.000 euros para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Fuente Parga afirmou que “ata que non chegou esa comunicación non podíamos sacar a concurso a redacción do proxecto. Agora estamos preparando”. A aclaración do máximo rexedor foi en resposta a unha pregunta do BNG.
O pleno tamén aprobou, so cos votos do PP e a abstención do resto de formacións políticas a creación do posto de traballador social a tempo completo. Actualmente estábase a compartir co concello de Trabada.
Por outra banda, sinalar que cos votos do PP e dos Independentes aprobouse unha moción relativa ás demoras que se están a rexistrar para o acceso a determinadas especialidades no Hospital da Costa.
Notas de Prensa
O CONCELLO DE BARREIROS RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 123.000 EUROS PARA A REDACCIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL.
Barreiros, 27 de maio de 2008. En breve comenzará a redacción do PXOM de Barreiros, segundo adiantou no pleno celebrado onte no Concello o alcalde, Alfonso Fuente Parga. Así respostou ás preguntas que lle formulou o BNG sobre este asunto. O rexedor asegura que <hai unha semana que recibimos a resolución da axuda que nos conceden para esto, e ata que non chegou esa comunicación non podíamos sacar a concurso a redacción do proxecto. Agora estamos preparando xa todo para que se realice o antes posible>. A subvención que recibe o Concello de Barreiros para a redacción do Plan Xeral ascende a 123.000 euros.
Saneamentos
Na sesión plenaria de onte tamén se falou dun saneamento que se está a realizar en Benquerencia. Alfonso Fuente conta que <informéinos doutros saneamentos que están en marcha no Concello e aportéilles datos dos que xa están rematados e que tiveron un custe cero para as arcas municipais. O BNG intererábase por unha partida de 1.440 euros de pala, e díxenlle que 63 usuarios que pagan a 60 euros cada un polas taxas de entronque saen 1.380 euros, co que si pagamos 1.440 euros o custe para o Concello neste caso foi de 100 euros. Creo polo tanto que a xestión é boa>. O alcalde engade que <senón chegásemos a convenios con grupos de afectados que non teñen saneamento, nos que eles poñen unha parte e o Concello outra nunca disporíamos deste servizo, e neste caso insisto a xestión é boa>. Alfonso Fuente Parga di que <os nacionalistas descoñecían o nome da empresa que traballa nese saneamento de Benquerencia, e ademáis vinculábana a traballadores municipais. Eu fíxenlle unha pregunta a Xesús Díaz sobre si é posible que unha persoa pague autónomos e estea no réxime xeral da seguridade social e díxome que sí. Polo tanto os traballadores do Concello que rematan a súa xornada ás tres da tarde, a partires de aí poden ter as súas empresas nas que cotizan….Díxenlles que están legalmente dados de alta e cos papeis en regra polo que ó Concello se refire>.
Traballador social
No pleno de onte de Barreiros foi aprobado cos votos a favor do PP e a abstención do resto de formacións políticas a creación do posto de traballador social a tempo completo. Segundo Alfonso Fuente <agora estábamos a compartir ó traballador social co Concello de Trabada. Viña dous días á semana e despois un venres cada quince días. E diante da demanda e das tramitacións que está a xenerar a nova lei de dependencia, e polo aumento do servizo de axuda a domicilio no noso Concello todos coincidimos na necesidade de realizar esta contratación, ainda que despois moitos se abstiveron>. O alcalde considera que <non podemos criticar, coma fixemos cunha moción no Concello, as listas de espera no Hospital da Costa si despois nós creamos as nosas propias listas de espera>.
O CONCELLO DE BARREIROS PIDE QUE SE ADOPTEN MEDIDAS PARA REDUCIR AS LISTAS DE ESPERA NO HOSPITAL DA COSTA.
Barreiros, 27 de maio de 2008. O PP e os Independentes aprobaron no pleno celebrado onte en Barreiros a moción dos populares relativa ás demoras que se están a rexistrar para o acceso a determinadas especialidades no Hospital da Costa. O alcalde, Alfonso Fuente, amósase sorprendido <porque nin BNG nin PSOE apoiaron esta moción que non é nin demagóxica nin oportunista, senón que pretende ser unha advertencia e un aviso do que está a ocorrer>. O rexedor de Barreiros entende que <as listas de espera sempre existiron, hai listas que podemos entender coma razoables, pero non podemos quedar quietos diante da ampliación dos días de espera que nalgúns casos son superiores ás que rexistran outros hospitais galegos. ¿Por qué os veciños da Mariña teñen que esperar tanto para seren atendidos no Hospital de Burela?>. Alfonso Fuente tamén se amosa sorprendido porque <se nos diga no Parlamento de Galicia que a partida orzamentaria que había para o 2007 non se gastou en nada, nin na ampliación nin na mellora dos servizos deste hospital. Por iso queremos facer fincapé nesto porque pode haber un intento de engano hacia os veciños. Hai unha partida prevista que non se gasta en mellorar algúns servizos e entón as listas de espera van en aumento>.
Sector pesqueiro
Ó alcalde de Barreiros chamóulle a atención que no pleno de onte o voceiro do BNG, Antonio Veiga, non apoiase a moción sobre o sector pesqueiro que presentaron os populares. Alfonso Fuente lembra que <Veiga pasou moitos anos traballando entre os armadores no porto de Burela, e agora é él mesmo o que non apoia esta moción diante dun grave problema que está a xenerar o prezo do gasóleo. Extrañóume a actitude de Antonio Veiga que agora non se interesa pola pesca e tamén a do voceiro do PSOE que único que dixo é que hai medidas adoptadas para tentar solucionar este problema. Eu penso que hai unha movilización convocada que indica que esas medidas non son as correctas ou que non están a dar resultados>.



















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



