BURELA .- Representantes do PP mantiveron no porto de Burela unha reunión co sector pesqueiro da comarca da Mariña para analizar e coñecer de primeira man a situación na que se atopa o sector. Os populares piden “maior compromiso da UE e dos gobernos de España e da Xunta para evitar a catástrofe, xa que, segundo advirten, de non ser así, a flota está abocada a súa desaparición”.
Nota de Prensa
O PP CONSIDERA INSUFICIENTES AS MEDIDAS ADOPTADAS PARA PALIAR A CRISE DO SECTOR PESQUEIRO
* Os populares reclaman un maior compromiso da UE e dos gobernos de España e da Xunta para evitar a catástrofe, xa que, segundo advirten, de non ser así, a flota está abocada a súa desaparición
Burela, a 23 de xullo de 2008.- Os representantes do PP, o europarlamentario popular Daniel Varela; o voceiro popular de Pesca no Congreso, Joaquín García Díez, e o seu homónimo no Parlamento Galego, José Manuel Balseiro, xunto coa senadora María del Carmen Gueimunde e voceiro adxunto na Deputación e voceiro do PP en Burela, José María González Barcia, mantiveron hoxe unha reunión no porto de Burela co sector pesqueiro deste concello e da comarca da Mariña en xeral para analizar e coñecer de primeira man a situación na que se atopa o sector.
Previamente á celebración deste encontro, os populares ofreceron unha rolda de prensa na que valoraron negativamente a proposta común para este sector presentada por varios países da Unión Europea, entre eles España, que incorpora medidas de urxencia e acompañamento social, estructurais, axudas de mínimos, así como unha mención á organización do mercado e comercialización dos productos. Para o PP esta proposta non servirá para resolver os problemas do sector e considera que os obxectivos que nel se marcan poden ser mellorables.
Peor é a calificación que lle dan os representantes populares ó documento de traballo realizado pola Comisión e ó posterior acordo do Consello de Ministros europeos de Pesca do pasado dia 15, para facer fronte á crise do gasoil, xa que parte das propostas presentadas inicialmente non están incluídas nel.
O GPP no Congreso foi o primeiro en reunirse co sector pesqueiro e tamén o primero en presentar importantes iniciativas parlamentarias. Para o voceiro popular Joaquín García, só despois destas actuacións e das posteriores movilizacións, “o Gobierno comenzou a escoitar ó sector, ainda que non a liderar as súas demandas en Europa como si está a facer Francia”.
Segundo os representantes do PP, no que se refire ó goberno español e ó da Xunta, hai que lamentar tamén a “desaparición absoluta” durante a crise tanto da ministra coma da conselleira.
A ministra e o seu secretario de Mar estiveron, ó entender dos populares, esquivando de todos os xeitos posibles o problema e só baixo a presión e a coación conseguiron que o sector volvese a faenar. Pero, segundo recalcaron, sen resolver nin un só aspecto dos que marcan a orixe desta grave crise.
Os populares lamentaron asimesmo a ausencia total de diálogo fructífero co sector por parte da conselleira de Pesca e o propio presidente Touriño, ó que acusaron de tratar con desprecio os afectados.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



