RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suarez, recorda que “de todos é sabido que o porto comercial de Ribadeo é o que está a menor distancia da factoría Ence de Navia e é o porto que menores tarifas ten” e, a modo de reflexión, preguntase “porqué Portos de Galicia e esta consellería levan desde hai meses dicindo que estaban facendo estudios para conectar a liña férrea cos portos de interese coma o de Ribadeo senón deron pasos moito máis ambiciosos e concretos coma os asturianos o teñen feito?”
Suarez insiste en que “desde a unanimidade da Corporación en Ribadeo sempre tivemos claro o que queremos para Ribadeo e esta solución aportada por Portos de Galicia, con esa nave tan inmensa dun campo de fútbol de superficie e cunha altura duns 8 pisos, era incompatible”
Nota de Prensa
O ALCALDE INSISTE EN QUE A PROPOSTA DE CONSTRUCCIÓN DUNHA NAVE INDUSTRIAL EN MIRASOL É INCOMPATIBLE CUN CRECEMENTO ORDENADO E RACIONAL DO CONCELLO.
Ribadeo, 4 de agosto de 2008. O alcalde, Fernando Suárez, insiste en que <desde a unanimidade da Corporación en Ribadeo sempre tivemos claro o que queremos para Ribadeo. E esta solución aportada por Portos de Galicia, con esa nave tan inmensa dun campo de fútbol de superficie e cunha altura duns 8 pisos, era incompatible absolutamente desde o punto de vista medio ambiental e desde o punto de vista do crecemento ordenado da vila, era incompatible co turismo e co que eso supón para o noso Concello coma fonte de riqueza….. estamos firmemente convencidos de que eso non podía ser tal e como Portos plantexaba a solución>.
O rexedor ribadense engade <a modo de reflexión que si o Principado e Feve chegan a ese acordo para financiar os desvíos da liña de Feve para que as mercadorías poidan entrar no porto de Xixón e na factoría de Navia, habería que preguntarse en alto ¿Porqué Portos de Galicia e esta consellería levan desde hai meses dicindo que estaban facendo estudios para conectar a liña férrea cos portos de interés coma o de Ribadeo senón deron pasos moito máis ambiciosos e concretos coma os asturianos o teñen feito?>.
Fernando Suárez engade <o que de todos é sabido. O porto comercial de Ribadeo é o que está a menor distancia da factoría Ence de Navia e é o porto que menores tarifas ten. Desde Ribadeo estamos convencidos de que esa proposta de nave industrial en Mirasol non podería ser compatible cun crecemento ordenado e racional do noso Concello>.


















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



