BURELA .- O grupo municipal do PP de Burela ve que viales de titularidade municipal e da deputación están sen desbrozar e cita “a estrada Burela-San Cibrao, o seu estado é lamentable ó pouco de pasar O Cabaliño e na Marosa; tanto é así, que hai sitios nos que non hai beirarrúa, porque está tapada pola maleza, especialmente no cruce da estrada coa que vén da Casilla, xusto na Marosa, na que mesmo un sinal de stop está totalmente tapado pola maleza” polo que se refire a Deputación. En canto ao concello de Burela asegura que “a travesía municipal na súa saída de Burela hacia Cervo tamén presenta un aspecto lamentable, porque en bon número de sitios a maleza invade a beirarrúa, coma no caso de Pomeda, que tapa a barandilla”
Nota de Prensa
O GMPP asegura que a Deputación non desbroza as súas estradas en Burela.
Os populares consideran “penoso” o estado das estradas a Rúa e a San Cibrao pola Marosa.
Para que queremos a este alcalde, se pregunta o PP.
O GMPP asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que a Deputación Provincial esquece ó concello de Burela nas tarefas de desbroce das vías provincias. Os populares consideran “penoso” o aspecto de desidia que ofrece a estrada de Burela a Rúa, propiedade da Deputación, e a estrada de Burela a San Cibrao pola Marosa, pola súa marxe esquerda marxe esquerda.
O PP vé “preocupante” o estado da estrada de Rúa sobre de todo porque poden comenzar as tormentas de finais do verán, e hai moita presencia de folla seca e maleza mesmo cubrindo a pequena cuneta que tén a estrada; e se houbese un incendio, o problema aumentaría considerablemente.
No que se refire á marxe esquerda da estrada Burela-San Cibrao, o seu estado é lamentable ó pouco de pasar O Cabaliñó e na Marosa; tanto é así, que hai sitios nos que non hai bierarrúa, porque está tapada pola maleza, especialmente no cruce da estrada coa que vén da Casilla, xusto na Marosa, na que mesmo un sinal de stop está totalmente tapado pola maleza.
Ante esta situación, cabe preguntarse para que queremos a este alcalde, porque o seu labor é igual a cero; eso sí, as festas que non falten, pero a adicación ó concello brila pola súa ausencia.
O CONCELLO TAMPOUCO DESBROZA AS SÚAS ESTRADAS.
O concello de Burela tamén “pasa” dos desbroces das estradas de propiedade municipal. Como mostra, a travesía municipal dirección Cervo.
A travesía municipal na súa saída de Burela hacia Cervo tamén presenta un aspecto lamentable, porque en bon número de sitios a maleza invade a beirarrúa, coma no caso de Pomeda, que tapa a barandilla colocada coa remodelación da travesía que fixo o PP; chegando á Casilla volvemos a ter silveirais invadindo a acera esquerda, e no tramo novo, desde a ponte da Marosa hasta a variante, hai zonas nas que a maleza cubre as biondas e mesmo na marxe esquerda pode haber problemas no caso de tormentas, porque hai moita folla solta que pode taponar os desaugues.
Para o PP de Burela, este é o exemplo do enorme esforzo e o moito traballo do alcalde e dos seus compañeiros de bigoberno: o seu quefacer é nada, e a vagancia é o calificativo máis suave que se lles pode poñer.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



