BURELA.- Os responsables municipais e os representantes dos traballadores do Concello de Burela acadaron esta mañá o acordo para sinatura do convenio dos funcionarios e do persoal laboral fixo para os vindeiros tres anos, aínda que se revisará anualmente. Anunciouno o alcalde burelés, Alfredo Llano, quen comentou que “foi un proceso un pouco longo, porque empezamos en xaneiro, pero o resultado é o que máis importa, é foi satisfactorio. Este convenio vai a ser un bó referente cara ó futuro no Concello de Burela”.
Llano tamén comentou que con este novo convenio “fixemos unha revisión dos aspectos laboráis, relacións de traballo, melloras sociais e acordos económicos” e salientou que “é positivo tamén que o convenio foi aprobado por unanimidade, tanto no referido ós funcionarios como no do persoal laboral fixo. Felicito ós negociadores sindicais e do comité de empresa por esa vontade que tiveron para chegar a un acordo o antes posible”.
Actividades fin de semana
O alcalde tamén se referiu as actividades que se van celebrar durante esta fin de semana en Burela “desde hoxe, venres, imos ser un bó referente para A Mariña, a provincia, e incluso para Galicia, no aspecto lúdico-festivo, porque hai moitos actos e moi importantes con feira, gastronomía, deporte e espectáculos. Son grandes atractivos para os que queiran pasalo ben durante toda a fin de semana2.
Llano explicou que os actos empezan hoxe coa feira de artesanía e productos ecolóxicos Produart e salientou que “imos ter demostracións de artesáns do vidro e dun ferreiro. Hai máis de sesenta stands, e por primeira vez tiveron que quedar expositores fóra. Mañá teremos a feira do bonito cos xogos da costeira pola mañá e despois cociñarase o bonito para degustalo a partir das seis da tarde en diversas preparacións . E á noite haberá un espectáculo musical moi importante. Tamén imos ter deporte náutico mañá durante todo o día. E o domingo seguirá Produart ata as seis da tarde. Estas citas son interesantes para toda a familia, porque hai moitas actividades e moi diversas para tódolos públicos esta fin de semana en Burela”.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



