RIBADEO.- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dille ao presidente de Portos de Galicia que “pode vir a Ribadeo cando queira a facer cuestións do seu departamento como é lóxico, pero tamén creo que esto xa empeza a ser un pouco raiante o de aproveitar calquera cuestión para incidir nas bondades dun proxecto totalmente inapropiado non só para o porto senón tamén para Ribadeo. Fóra do ámbito de quen ten que dar a licencia de obra que é o Concello pois o presidente de Portos de Galicia, con tódolos meus respetos, non se está a comportar como debería coma administración que debe defender os intereses non só os concretos dunha empresa senón que ten que sopesar todo”.
Suárez Barcia lembra que “a totalidade da Corporación de Ribadeo manifestamos de xeito unánime que non é aceptable e admisible a construcción dun mamotreto no porto comercial de Ribadeo encastrado no casco vello, e que ocupará unha superficie e un volumen brutal. Será coma un campo de fútbol e a súa altura será coma a dun edificio de 8 plantas. Entón por moito que veñan a matizar e a decir moitas cousas, eu quero anticiparme porque poden acusar ao Concello de non querer un desenvolvemento económico, e desde logo nosoutros vaia si queremos un desenvolvemento económico….. de aí que no día de onte désemos un paso de xigante para a construcción dun polígono industrial que sí que vai xenerar traballo e emprego de calidade, por iso imos poñer en marcha esa subestación eléctrica que tanta falla lle fai ao polígono de Ribadeo e a o propio Concello·.
Canal da ría
O alcalde ribadense cre que “si Portos de Galicia quere mellorar a capacidade do porto o que debe facer é dragar o canal da ría de Ribadeo e debo reiterar que o peirao comercial de Ribadeo ten capacidade sobrada para soportar un incremento do tráfico de mercadorías, singularmente da pasta de papel que poida vir da factoría de Ence de Navia, sin necesidade de construir unha nave que desde logo vai contra todo criterio racional. Pode perfectamente incrementar as funcións de carga e descarga, pode soportar moito máis e desde logo si eso ten algunha limitación será a do número de barcos que poidan entrar nun día na ría de Ribadeo, pero eso é á marxe da creación dunha nave cuberta que a día de hoxe Portos de Galicia ainda non demostrou de xeito real cántas horas se perden ao ano en cuestión de carga e descarga por mor da chuvia”. Fernando Suárez engade que “é a única xustificación que teñen para xustificar a construcción dun tinglado cuberto para protexerse das inclemencias do tempo. Esto non é a Amazonía, aquí cando chove escampa, e entón son poucas as horas ao ano nas que non se pode traballar por mor do mal tempo”.
O rexedor dille ao presidente de Portos de Galicia que “si quere traballar por Ribadeo e quere facerlle un favor a esta vila que drague o canal da ría de xeito íntegro e que se poña a traballar en positivo. Tamén lle pido que cando pensen non só o fagan nos intereses concretos dunha empresa (moi lexítima por certo) xa que deben pensar en todo como o fai a Corporación que se preocupa polo desenvolvemento sostible, polo impacto paisaxístico, pola creación e destrucción de riqueza, polo turismo, pola ordenación do territorio e pola creación de postos de traballo”.

















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



