BARREIROS .- O xulgado de instrución nº 1 de Mondoñedo decidiu o sobreseimento provisional e o arquivo da denuncia presentada por unha veciña contra o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, por presunta malversación de fondos públicos. O rexedor, que coñeceu a última hora da tarde de onte o auto xudicial, amósase satisfeito.
Alfonso Fuente asegura que <evidentemente nunca tiven nada que ocultar en ningún proceso xudicial e de feito aquí temos o sobresemento e o arquivo da causa, polo tanto quere decir que non haberá xuízo porque non quedou probado que houbese malversación por ningún lado>. O rexedor mantén <o que dixen desde o primeiro día, que ía ser tremendamente respectuoso coa xustiza e a xustiza acaba de sacar ese auto coma resposta a esa denuncia>.
Fuente Parga lembra que <sempre tiven un grande respecto cara esa veciña porque entendía que a persoa que denunciaba non era a que estaba detrás da denuncia, senón que obedecía a un motivo persoal dun anterior ex xefe, que os seus motivos terá para emprender accións contra min, contra o alcalde e metendo ó Concello polo medio.
O alcalde de Barreiros lamenta e lembra <como desde o BNG se cargou contra o alcalde neste asunto e eu sempre dixen que habería que agardar a ver o que dixera a xustiza e o que di está neste auto. O voceiro do BNG no Concello agora terá que comerse as súas palabras porque tiña moi claro que eu beneficiara a un particular e o propio auto di que non hai nada de nada>.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



