BURELA .- O comité local do PP de Burela, discrepa de afrimación feitas polo parlamentario do PSOE, Ismael Rego e o parlamentario do BNG, Manuel Parga, ós que culpan de estar “enganando ós cidadáns e porque nada fixo a Xunta de Galicia por Burela nestes tres anos, agás demorar obras e proxectos que xa estaban en marcha, e empeorar os servizos que se prestan no hospital ou na casa da terceira idade”. A nota do PP xurde a raíz das “declaracións feitas este fin de semana polos parlamentarios”.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR DE BURELA
O PP de Burela considera que Rego é “o enredador oficial socialista e nunca fixo nada por Burela”.
Os populares afirman que Parga minte con respecto á casa da Terceira Idade de Burela.
Aseguran que os socialistas están fundindo o hospital.
O PP de Burela saiu hoxe ó paso das declaracións feitas este fin de semana polos parlamentarios Ismael Rego e Manuel Parga, porque consideran que están engañando ós cidadáns e porque nada fixo a Xunta de Galicia por Burela nestes tres anos, agás demorar obras e proxectos que xa estaban en marcha, e empeorar os servicios que se prestan no hospital ou na casa da Terceira Idade.
O PP considera que Rego nunha fixo nada por Burela, a non ser enredar, algo que se lle dá realmente ben. Os populares aseguran que nin Rego nin o PSOE fixeron nada polos proxectos do Porto, que quedaron en boa medida feitos e estaban deseñados no Plano Director do Porto de Burela redactado a principios de 2005. Paralizaron a adxudicación do acceso ó porto dous anos e outros tantos as obras de mellora de abastecemento da auga; obras que agora, por certo, acumulan considerable retraso. Empeoraron as listas de espera, pero, eso sí, amplían o hospital con barracóns e as probas de cardio hai que realizalas na Coruña.
Para os populares, decir que o corredor San Cibrao-Ferrol será unha realidade en breve sona a chiste e a bulra ós cidadáns, como sona a chiste e a bulra decir que o Plano de Reequlibrio Territorial de Galicia dinamizará a zona, porque en tres anos non foron capaces a sacar adiante nin unha cousa nin a outra.
O peor de todo é que os socialistas están fundindo o hospital co considerable incremento das listas de espera e os desplazamentos forzados de enfermos a outros centros hospitalarios.
Os populares tamén consideran que Manuel Parga, parlamentario do BNG, minte cando dí que a residencia da Terceira Idade de Burela está adaptada a non válidos. A realidade é tozuda, e demostra que os internos terán menos comodidades, que os ascensores non son aptos para camiñas, que só hai servicios xeriátricos en dúas plantas, e que a chapuza que se fixo foi e é motivo de critica por parte dos internos e dos propios traballadores do centro, críticas que se fixeron públicas.
Por eso resulta curioso que Parga fale de electoralismo, cando o seu partido usa ós maiores para sacar réditos políticos: fan o que antes criticaban, festas para os maiores, xantares, etc., o que demostra o pouco rubor que teñen estes señores á hora de desdecirse. Pero o que é peor é que anuncian axudas para os depedentes e a estas alturas, dous anos despois, non teñen que decir, porque nada fixeron. A estas alturas, as mulleres maltratadas teñen que agardar seis e sete meses para cobrar as axudas de vicepresidencia. A estas alturas, as mulleres maltratatas tardan nove meses en entrar como preferentes nas listas de emprego da Xunta.
O propio BNG, precisamente, é quen xoga alegremente coas penurias das persoas, creando falsas expectativas e anunciando actuacións que logo deixa a medias ou non é capaz de facer. A rede de residencias de maiores e de centros de día está hoxe, tres anos despois de propaganda e autobombo, en pañais.
Ademais, os populares acusan ós dous partidos de darlle as costas á comarca, especialmente a Burela, xa que non poñen ningún tipo de remedio á crise que está a atravesar o sector pesqueiro; o PP entende que coa súa forma de actuar estase condenando ó sector máis dinámico da comarca á súa paralización.
Finalmente, o PP pídelles a PSOE e BNG que deixen de facer propaganda e se adiquen a traballar, porque se algo fixeron, que nos digan que proxecto fixeron eles para Burela que non estivera redactado ou programado antes da súa chegada ó goberno da Xunta.
O Comité Local do PP de Burela.
En Burela, a quince de Setembro de dous mil oito.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



