Calcula o PP que se investiran uns 4 millóns de euros menos na comarca
Nota de Prensa
Referencia Rolda de Prensa
O deputado popular José Manuel Balseiro analizou, no día de hoxe o proxecto de orzamentos do bipartito que rexistra unha diminución do 21% -preto de 4 millóns de euros menos- en achegas para obras e investimentos con destino concreto na nosa comarca
OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2009 CONFIRMAN QUE ESTES FORON “CATRO ANOS BALEIROS” PARA A MARIÑA
* A piques de rematar a actual lexislatura non se ten construído un só quilómetro do corredor da Costa, non se acometeu a obra de ampliación do hospital, nin se procedeu á apertura dos parques de bombeiros. O bipartito non contemplou nestes tres últimos anos novas dotacións educativas ou sanitarias, nin puxo en marcha novos centros de día para a atención ás persoas maiores.
* Algúns datos significativos do informe elaborado polo PPdeG respecto das contas autonómicas:
+ Desde o 2006 as achegas orzamentarias da Xunta con destino concreto na nosa comarca veñen diminuíndo ano tras ano: De recibir 30 M€ no 2005 a 14,8 M€ no 2009.
+ Os mariñáns perdemos 52 euros con respecto ao 2008 xa que o investimento por habitante non supera os 199 euros.
+ Case catro anos despois de acceder ao Goberno PSOE e BNG o investimento por habitante redúcese en 201 euros. Polo que perdemos máis do que recibimos.
+ Segundo os cálculos efectuados polo PPdeG a Xunta de Galicia deixou de investir máis de 14 millóns de euros. Isto é máis do 75,96% do total do orzamento previsto no 2008.
A Mariña, 29 de outubro de 2008.- O deputado mariñán do Partido Popular de Galicia (PPdeG), José Manuel Balseiro Orol presentou no día de hoxe, en rolda de prensa, o informe que analiza e valora o proxecto de orzamentos autonómicos para 2009. O estudo elaborado polos populares confirma que a lexislatura que esta a piques de rematar foron “catro anos baleiros para A Mariña”.
A CONTUNDENCIA DOS DATOS
A devandita afirmación ten o seu aval nos datos e nas cifras manexadas neste análise segundo a cal, a nosa comarca recibirá preto de 4 millóns de euros menos en obras e investimentos con destino determinado que se o comparamos co consignado fai un ano. Se nas contas autonómicas do 2008 comprometíanse 18,8 millóns de euros para A Mariña o proxecto de orzamentos para 2009 tan só contempla 14,9 millóns de euros. “Falamos dunha caída próxima ao 21% en tan só un ano. Socialistas e nacionalistas protagonizan un castigo inaceptable e inxustificable que vai en detrimento do futuro desta comarca e das aspiracións de todos os seus veciños”
Os datos son aínda moito máis negativos se comparamos as achegas que a Xunta quere destinar no 2009 en relación coas que no 2005 consignaba o último orzamento elaborado por un Goberno do PPdeG. Fai catro anos o Executivo popular consignaba obras e investimentos por valor de 30 millóns de euros. Hoxe, a Xunta de Galicia reduce esta cifra case na metade “Confirmando unha tendencia á baixa xa que, desde o ano 2006, cada vez que o Goberno bipartito elaborou un orzamento aproveitou para reducir as achegas con destino concreto na nosa comarca. Un goteo incesante corrobora a marxinación da Mariña e a perda de peso da nosa comarca en relación no conxunto da xeografía galega”
Falando en termos de investimento por habitante os datos son, a xuízo do PPdeG, suficientemente elocuentes: Mentres no 2005 o Goberno do PP destinaba 400 € aos mariñáns, o actual Executivo autonómico veu diminuíndo estas achegas ata reducilas en máis da metade. Hoxe cada mariñán recibe 199 euros “E polo que, nesta lexislatura acabamos perdendo máis do que recibimos”. Se a comparación a facemos cinguíndonos á ultima anualidade, os mariñáns deixarán de recibir 52 euros, isto é, -176 menos cao resto dos lucenses (que reciben 374 no seu conxunto) e unha cifra moi lonxe dos 1.185 que reciben o conxunto dos galegos.
PSOE E BNG NON ACOMETERON NINGÚN PROXECTO ESTRATÉXICO
Pero sen lugar a dúbidas, os feitos que mellor exemplifican o baleiro que, para A Mariña, supuxeron os orzamentos da Xunta aparecen descritos na seguinte frase “A piques de rematar a actual lexislatura non se ten construído un só quilómetro do corredor da Costa, non se acometeu a obra de ampliación do hospital, nin se procedeu á apertura dos parques de bombeiros. O bipartito non contemplou nestes tres últimos anos novas dotacións educativas ou sanitarias, nin puxo en marcha novos centros de día para a atención ás persoas maiores”. É dicir que, “salvo pequenas excepcións, ningún dos grades proxectos de interese estratéxico, ou das necesidades máis salientables dos veciños desta comarca, forman parte das previsións da Xunta no 2009, nin foron levadas a adiante polo bipartito nesta lexislatura”
A MARIÑA “NON EXISTE” PARA 7 DAS 13 CONSELLERÍAS
A maiores de todo isto, “ a nosa comarca parece non existir para o bipartito” pois existen varias consellerías e organismos de competencia autonómica que, no desgolse dos seus orzamentos reais, non comprometen nin un só euro con destino concreto na Mariña: “Para Pesca, Medio Rural, Industria, Economía, Cultura e Deporte, Medio Ambiente e Traballo os mariñáns non existen” e “as contas para 2009 elaboradas por PSOE e BNG non inclúen ningunha partida específica para construción de vivenda social, centros de saúde ou estradas nalgún dos concellos da nosa bisbarra”
14 MILLÓNS DE EUROS SEN EXECUTAR
Finalmente, o estudo do PPdeG analiza aqueles proxectos que, incluídos nas contas do 2008 non foron executadas parcial ou totalmente “polo que, malia que no seu momento formaban parte dos compromisos do Executivo bipartito coa Mariña pronto se converteron en incumprimentos”. Balseiro Orol calcula que esta cifra supera os 14,3 millóns de euros e inclúe as actuacións seguintes:
| ORZAMENTO SEN EXECUTAR ANO 2008 | |
| ACTUACIÓN | INVESTIMENTOS 2008 |
| Reforma e ampliación IES e CIFP Ribadeo | 600.000 |
| Reformas diversas Hospital da Costa | 1.000.000 |
| Vial de Alta Capacidade (Corredor) A Mariña | 712.908 |
| Acceso ao porto de Burela | 2.516.758 |
| Polígono de A Pontenova | 1.464.902 |
| Polígono de Viveiro (Landrove) | 4.062.437 |
| Polígono Valadouro-Alfoz | 68.838 |
| Dragado da Canle de Acceso ao Peirado de Mirasol | 517.241 |
| Ampliación do Peirado Comercial de Burela * | 2.413.793,2 |
| Acondicionamento do Borde Portuario en Ribadeo | 86.207 |
| Mellora da Seguridade Vial no Peirado Porcillán (Ribadeo) | 450.000 |
| Remodelación ao acceso porto comercial Ribadeo ** | 451.194 |
| TOTAL | 14.344.278 € |
En resume, o 78,96% do orzamentos comprometido para o ano en curso permanece pendente de executarse a dous meses de rematar o presente exercicio. “O Bigoberno non cumpre coa Mariña e, en consecuencia, os veciños tan só reciben 60 dos 251 euros que, no 2008, prometeron achegar”
“PARÓN” NAS OBRAS E SERVIZOS CONCRETOS
Finalmente, o deputado autonómico do PPdeG, analiza polo miúdo cada unha das actuacións incluídas nas constas do 2009. No seu conxunto evidencian certo “parón” xa que contemplan menos diñeiro do inicialmente previsto. “Non contentos con reducir o importe global do orzamento, PSOE e BNG seguen a recortar as achegas para proxectos de importancia estratéxica como son o corredor da Costa, nos treitos que transcorren entre O Vicedo e San Cibrao, o Hospital da Costa e os principais polígonos industriais”
“O actual proxecto de orzamentos, tal e como está configurado confirma que a Vía de Alta Capacidade non estará no 2011, o que deixa en evidencia os compromisos adquiridos polo señor Touriño e pola conselleira Maria José Caride que publicamente falaron desta data como o horizonte temporal de finalización da obra”. Lonxe desta realidade o certo é que, máis do 80% do investimento nesta infraestrutura chegará a partir do 2012 e anos seguintes polo que, a deliberada paralización nestes catro anos e a falta de investimentos afastan, aínda máis, a data de entrada en servizo desta nova vía chamada a vertebrar e comunicar a nosa comarca co resto do territorio.
O deputado popular critica tamén a ausencia do prometido Plan Director do Hospital da Costa cuxa execución non aparece en ningunha das partidas do futuro exercicio. E máis, o centro hospitalaria mariñán limítase a recibir 680.000 euros dos máis de 6 millóns que o ano pasado comprometéronse achegar para mellorar e ampliar a súa estrutura e servizos.
Non parecen convincentes tampouco as achegas que o Goberno galego fai, nas contas do 2009, para a promoción do solo industrial. Malia que o BNG amosouse disposto a levar adiante esta obra, o poligono supramunicipal de ALCOA, unha aposta de futuro e de interese estratéxico, está condenada ao esquecemento por parte das contas do bipartito. Ademais o resto dos polígonos industriais vén diminuídas as súas achegas orzamentarias ou, en todo caso, como aconteceu como os de A Pontenova, Viveiro (Landrove), Alfoz-O Valadouro, malia que están previstos, nunca chegarán a executarse.
PRESIÓN POLÍTICA E SOCIAL
Balseiro Orol está convencido que só coa presión política e social desde A Mariña poderase “arrancar” algún compromiso a actual Xunta. Porque xa está demostrado que “para o señor Touriño e o señor Quitana tan só poñen atención naquelas áreas onde teñen medo de recibir un serio correctivo electoral, como castigo a súa mala xestión destes últimos catro anos”. Ao mesmo tento anunciou que todo o Partido Popular da Mariña traballa para corrixir estes orzamentos e poñer fin á marxinación que estamos a sufrir a través das correspondentes emendas.
















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



