Nota de Prensa
ALFONSO VILLARES SUPERVISOU OS TRABALLOS PREVIOS DAS MELLORAS NO VIAL DA N-642 ENTRE FIGUEIRIDO E RÍO COBO
Cervo, 16 de outubro de 2008.- Alfonso Villares, alcalde de Cervo, mantivo hoxe unha reunión cun responsable da empresa Obras, Caminos y Asfaltos, encargada das obras de acondicionamento e mellora da estrada N-642 no tramo situado entre Figueirido e Río Cobo, có fin de supervisar os traballos que se están a facer dentro do termo municipal cervense.

Durante o encontro -no cal tamén estivo presente a concelleira Chelo Gallego- o mandatario local e o representante da construtora percorreron distintos puntos nos tres quilómetros do trazado desta estrada de competencia estatal que está sendo modificada. Segundo Villares, a visita “in situ” das zonas onde se está a traballar serviu para “tentar atallar posibles problemas que se poidan derivar desta actuación”.
Entre os aspectos tratados, Villares destacou os referidos á modificación dos accesos á estrada dende puntos coma o de Río Cobo. Neste senso solicitou da empresa que se respecten “ao máximo” os actuais accesos aos distintos núcleos de vivendas e logrou acadar o compromiso do responsable da obra para manter a zona de aparcamentos da urbanización Vía Láctea de Río Cobo; a cal ía a desaparecer de acometerse as obras segundo o proxecto orixinal. “Non solo se van a manter os actuais aparcamentos, senón que coa modificación aceptada hoxe polos responsables das obras habilitarase un novo acceso que permitirá crear prazas de aparcamento a ambos lados da calzada resultante” asegurou Villares.
O alcalde tamén aproveitou para interesarse por outros temas como o das canalizacións e a recollida de augas pluviais. O primeiro edil pediu unha serie de melloras para que non se produzan problemas de inundacións nas casas que están máis preto da estrada.
Segundo Villares, o Concello pretende que estas obras de mellora “non afecte máis do estritamente necesario” aos propietarios das vivendas polas que discorre o trazado.
As actuacións previstas polo ministerio de Fomento neste tramo foron adxudicadas o pasado 2 de xullo de 2007 e contan cun orzamento de 2,5 millóns de euros. Consisten na substitución da intersección en dobre T do punto quilométrico 52,150 (Río Cobo) por un enlace con paso superior; a construción de dous vías de servizo paralelas á N-642 separadas con barreira ríxida de formigón; así mesmo canalizaranse os cambios de sentido e a incorporación á N-642 evitando as manobras de cruce e xiro á esquerda e entroncarán coa carreteira da Deputación que da acceso a San Ciprián e Sargadelos que conecta co ramal de enlace e coa urbanización de Río Cobo.









O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



