NOTA DE PRENSA:
O GMPP afirma que o alcalde decideu pechar o concello os sábados.
Os populares tamén aseguran que os traballadores municipais deixarán de cobrar a diferencia anual do IPC.
Din que os novos convenios fixan o tempo “mínimo” para o café en vinte minutos.
O GMPP afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde decideu pechar o concello os sábados, co que calquera persoa que teña que presentar un documento para o concello ou usar o portelo único nese día deberá desprazarse fóra do concello ou empregar servicios previo pago.
Para os populares, este é un dos grandes logros do alcalde despois de cáseque un ano negociando os novos convenios do persoal municipal. O alcalde, co beneplácito de Nieves Cando, suprime un servicio que se viña prestando desde que Burela é concello sen custo algún; supresión que pode mesmo ser ilegal e que o PP estudiará con moita calma.
Pero ademais os populares denuncian que os traballadores quedan agora, despois da aprobación dos novos convenios, máis desamparados ca antes. Se os incrementos salariais derivados da negociación do convenio só beneficiarán á metada da plantilla, resulta que todos os traballadores municipais se quedarán sen a paga anual compensatoria derivada da desviación da inflación, que viñan cobrando desde 2005, e que é un dereito recoñecido para o funcionariado estatal e autonómico. Concretamente, nun soldo bruto anual de vinte mil euros, unha desviación da inflación de un punto supón anualmente cen euros, contía que o interesado deixará de cobrar gracias ós novos convenios.
Por outra banda, o GMPP alerta de outra novidade interesante que introducen os novos convenios: o tempo minimo para a pausa do café será de vinte minutos, pero non aclara cal é o máximo, co que estamos ante unha situación que só a profesionalidade dos traballadores municipais será capaz de correxir. De feito, as bromas que se gastan os traballadores municipais co tempo do café son frecuentes, e o único que as descoñece semella ser o alcalde.
O PP preguntou no pleno do pasado martes en repetidas ocasions polos motivos para levar adiante estas tres medidas, sen atopar resposta de ninguén, porque o alcalde simplemente non sabe ou non contesta; a concelleira de persoal é políticamente muda e inútil, xa que non abreu a boca en todo o pleno, e millor foi así, e Nieves Cando resulta patética nas súas últimas actuacións.
Igualmente, o PP preguntou no pleno quen elaborou as xustificacións incluidas no punto tres da orde do día para os aumentos de soldo que se fan solo a certos traballadores, e en base a que criterios; tamén preguntou se a persoa que elaborou tal documentación é do Concello ou de fóra, pero en ningún caso contestou o alcalde. A resposta é a seguinte: esa xustificación, que non se basea en ningún criterio obxectivo e avaliable, está feita por unha persoa que traballa na Deputación de Lugo e foi solicitada verbalmente polo propio alcalde.
O GMPP afirma que realmente resulta patético ver o papelón do BNG, e máis concretamente de Nieves Cando, sindicalista de pro nos seus tempos, e que agora “pecha” co que lle presenten desde o PSOE con tal de aguantar no bigoberno e cobrar preto de corenta e cinco mil euros anuais, pisando deste xeito os dereitos dos cidadáns e tamén os dereitos dos traballadores.
Finalmente, o GMPP considera que deste xeito se visualiza “o tenderete” que tén montado o alcalde e os seus adláteres, que non dubidan en usar o concello para os seus intereses particulares e descargar nos traballadores as súas iras, calamidades e impotencias, como fixo algunha concelleira o pasado martes, arreando broncas sen sentido a diestro e siniestro, e cunha absoluta falta de educación e de modales.
En Burela, a doce de Novembro de dous mil oito.
O GMPP de Burela.





















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



