NOTA DE PRENSA:
O deputado popular resta credibilidade ao anuncio de Sanidade de levar adiante o plan funcional do centro hospitalario burelés xa que, ano tras ano, “fan o mesmo anuncio e como podemos observar todo sigue igual”
BALSEIRO EMPRAZA AO SERGAS A QUE SE DEIXE DE PUBLICIDADE E SE POÑAN A TRABALLAR
* Malia que os dous últimos orzamentos -2007 e 2008- contemplaron partidas por valor dun millón de euros respectivamente para reformar e ampliar o Hospital da Costa o Goberno bipartito non executou a devandita actuación.
* Balseiro lembra que o hospital da Costa é un dos centros galegos coas listas de espera máis grandes de Galicia. A deficiente xestión da actual xerencia en materia de persoal contribúe -na súa opinión- a convertelo nun dos hospitais máis saturados da rede pública sanitaria.
A Mariña, 05 de novembro de 2008.- O deputado mariñán do Partido Popular de Galicia (PPdeG), José Manuel Balseiro Orol emprazou ao SERGAS a que “se deixe de publicidade e se poña a traballar na mellora do sistema sanitario da nosa comarca que, segundo afirma, está a sufrir un progresivo empeoramento desde que PSOE e BNG accederon ás responsabilidades de goberno na Xunta”. Con estas palabras Balseiro Orol vén de restar credibilidade ao plan funcional presentado no día de onte e no que, entre outras actuacións, din contemplar un investimento de máis de 10 millóns de euros e as obras de ampliación do Hospital da Costa.
ANUNCIO REITERADO E NUNCA CUMPRIDO
“Este anuncio xa o coñecíamos”-engade Balseiro- “Ano tras ano, cando chega a hora de presentar os orzamentos veñen co mesmo discurso que non por reiterativo é máis certo”. A este respecto clarexa que “no 2007 falaron de que tiñan previsto ampliar o Hospital da Costa durante o 2008. A principios deste ano dixeron que a ampliación do centro hospitalario mariñán chegará no 2009 e agora, volven a falar dun plan funcional que afasta este obxectivo ata 2010. ¿Pensan que os veciños da Mariña non nos damos conta disto?”
DOUS MILLÓNS DE EUROS SEN INVESTIR
De feito, o deputado popular explicou que os dous últimos orzamentos elaborados polo Goberno bipartito incluían partidas específicas para obras de ampliación e mellora do Hospital da Costa e, pese a iso, nunca se chegaron a executar. “Nin o millón de euros de 2007, nin esa mesma cantidade prevista nos orzamentos de 2008 investíronse polo que, o único que ten feito este Goberno bipartito e atrasar unha actuación necesaria e de interese prioritario para a nosa comarca”.
A maiores, Balseiro Orol subliña que as contas para 2009 non achegan “nin un só céntimo” para levar adiante este plan funcional. Isto é “non previron cartos para facer fronte ao que onte pretendían vendernos”. Si aparecen, en cambio, previsións de investimentos para os plans directores dos hospitais Juan Canalejo (4 M€), Arquitecto Marcide (1,4 M€), Centro Hospitalario de Ourense (1 M€), Hospital de Pontevedra (400.000 €) e do Salnés (1 M€)
UN PLAN FUNCIONAL QUE SE LLE OCULTA AO PP
A primeira vez que se falou da elaboración dun plan funcional, foi con ocasión da comparecencia da Conselleira de Sanidade o 1 de marzo de 2007 no Pleno do Parlamento de Galicia. Alí a socialista María José Rubio Vidal anunciou que o seu departamento estaba a elaborar un estudo sobre a adecuación das infraestruturas do Hospital da Costa e a necesidade de acometer a súa ampliación e alí adquiriu o compromiso de rematalo antes de finais dese mesmo ano.
Tras este anuncio, o devandito plan foi reclamado polo deputado popular a través do conducto oficial regulamentario da Cámara autonómica. A día de hoxe Sanidade aínda non o ten remitido. “Descoñecemos as razóns polas que se nos oculta o contido deste plan funcional. Non queremos poñer en dúbida a súa existencia pero, claro está, que non queren que coñezamos o seu contido, quizás porque dunha análise do mesmo, poderíamos deducir que nada teñen feito ou, o que aínda sería peor, que é unha escusa que o bipartito está a empregar para vendernos o mesmo discurso ano tras ano”- expuxo Balseiro.
DOS HOSPITAIS MÁIS SATURADOS DE GALICIA
Balseiro Orol insistiu na necesidade de comprometerse na mellora do sistema sanitario público na nosa comarca. No tocante ao Hospital da Costa recorda que é un dos centros hospitalarios galegos coas listas de espera máis altas para o acceso a determinadas especialidades médicas. Xunto a iso, a deficiente xestión da actual xerencia en materia de persoal “contribúe a convertelo nun dos hospitais máis saturados da rede pública sanitaria”. Ambas as dúas son, en opinión do deputado popular, boas razóns para que “se poñan a traballar desde xa, ofrecendo solucións que se materialicen máis alá do papel dos periódicos ou das roldas de prensa. Queremos que as obras comecen”
As únicas ampliacións do Hospital da Costa desenvolvidas ata o momento foron as impulsadas por Gobernos do Partido Popular.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



