A MARIÑA .- Descobre o PP no rescate do arrastreiro Rosamar o helicóptero de salvamento Pesca2 con base en Celeiro estaba desprazado en Alvedro e durante o rescate tivo ir a repostar a Coruña ao non poder facelo en Celeiro.
Según indica o PP, o Pesca2 estaba substituíndo temporalmente ao Helimer Galicia, que se atopaba en mantemento e o helicoptero con base en Celeiro tivo que ir a repostar a Coruña onde estaba desprazada tamén a persoa responsable de surtir de combustible o helicóptero.
A ausencia do Pesca2 da súa base en Celeiro parece que comeza a ser habitual e tamén os altos tempos de resposta.
Nota de Prensa
Novas evidencias da actuación neglixente da Consellería de Pesca, que tamén desprazou á Coruña ao mecánico encargado de manexar os depósitos de combustible e supervisar a repostaxe, deixando inoperativa a base de Celeiro
O HELICÓPTERO QUE AUXILIOU AO ROSAMAR TAMPOUCO PUDO REPOSTAR NA SÚA BASE HABITUAL DE CELEIRO POR IMPREVISIÓN DA XUNTA
* O Pesca II tivo que efectuar as repostaxes en Alvedro, perdendo unha hora en cada misión aérea, pola elavada distancia que separa o lugar do afundimento do aeródromo coruñés
* Desde a base de Celeiro ao punto do afundimiento, o helicóptero tardaría 10 minutos, pero desde Alvedro, o tempo de vóo dura 40 minutos
Santiago, 10 de decembro de 2008.- Máis probas da actuación neglixente dos responsables de Salvamento Marítimo da Consellería de Pesca. O PPdeG ten constancia de que cando se produciu o naufraxio do pesqueiro Rosamar, o helicóptero Pesca II non pudo respostar na súa base habitual de Celeiro, porque o mecánico encargado de manipular os depósitos de combustible e supervisar a operación tamén fora trasladado á Coruña. A aeronave tivo que acudir a Alvedro, acurtando así en arredor de unha hora cada un dos vóos que efectuou sobre a zona do sinistro.
O Grupo Popular enmarca esta feito na improvisación permanente dos responsables de salvamento marítimo da Xunta de Galicia e agrega que se se puidera ter efectuado a repostaxe na base habitual do Pesca II, en Celeiro, teríase mellorado notablemente a operatividade da aeronave. Así, desde a base de Celeiro á área na que se produciu o afundimento do Rosamar, o helicóptero tarda arredor de 10 minutos en chegar, mentes que desde a Coruña precisa de arredor de 40 minutos de vóo.
Ademais, de estar operativa a base de Celeiro, os mariñeiros rescatados poderían ter sido trasladados ao Hospital da Costa en Burela, ofrecéndolles unha atención médica inmediata.
A nova anomalía denunciada hoxe polo PPdeG súmase ao feito de que, cando se activou a alerta polo afundimento do Rosamar, o helicóptero Pesca II estaba desprazado desde a súa base habitual de Celeiro ao Aeroporto de Alvedro para suplir o Helimer Galicia, sometido a unha revisión.
O PPdeG insiste en que este feito contravén abertamente os contratos da Sociedade Estatal de Salvamento e Seguridade Marítima e da Xunta de Galicia coa empresa encargada de operar as aeronaves. Nos dous casos, os contratos obrigan á empresa a substituír os helicópteros habituais en caso de revisión ou reperación, de xeito que todas as bases dispoñan de aeronaves operativas as 24 horas do día e durante os 365 días do ano.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



