Nota de Prensa
Balseiro recorda que o BNG tamén é responsable das carencias dos medios de salvamento marítimo porque votou en contra de duplicar as triupulacións dos helicópteros e dos barcos de gran porte, pero tamén rexeitou a creación dunha comision de seguridade marítima e impediu que representantes do Sepla e os patróns que participaron no rescate do Cordero pudiesen comparecer no Parlamento
O OPERATIVO DE RESCATE AÉREO DO ROSAMAR INCUMPRIU O CONTRATO QUE REXE AS TAREFAS DOS HELICÓPTEROS DE SALVAMENTO MARÍTIMO
* A radiobaliza saltou ás 08,45 horas do venres, pero o Pesca II non partiu de Alvedro ata as 10,00 horas, a pesar de que que o contrato sinala que o tempo de resposta para esa aeronave será dun máximo de 10 minutos de entre as 09,00 e as 14,00 horas
* Os datos revelan que a conselleira de Pesca minte cando sinala que se cumpriron todos os tempos
Santiago, 11 de decembro de 2008.- O portavoz de Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, afirmou hoxe que a conselleira do ramo minte ou está mal informada cando afirma que na operación de rescate do Rosamar se cumpriron todos os tempos estipulados para ese tipo de misións.
O contrato asinado entre a Xunta e a empresa que opera os helicópteros do Gardacostas de Galicia sinala que o Pesca II, con base en Celeiro, debe garantir un tempo de resposta de 10 minutos, contados partir do momento no que se activa unha alarma, se o incidente se produce entre as 09,00 e as 14,00 horas, período no que a tripulación permanece na propia base. O resto do tempo, de 14,00 a 09,00 horas, o tempo de resposta será dun máximo de 30 minutos, dado que a tripulación permanece de garda localizada, por falta do persoal necesario para garantir a presenza permanente na base durante as 24,000 horas.
Así as cousas, José Manuel Balseiro conclúe que tales tempos de resposta non se cumpriron o pasado venres, dado que a radiobaliza do Rosamar saltou contra as 08,45 horas, pero o Pesca II non saiu do Aeroporto de Alvedro (a onde fora desprazado para substituír ao Helimer Galicia) ata arredor das 10,00 horas.
CONSELLEIRA DESAUTORIZADA
O PPdeG entende que os datos desautorizan as declaracións da conselleira de Pesca, que ou ben minte ou está mal informada sobre o funcionamento dos dispositivos de búsqueda e salvamento marítimo de titularidade autonómica.
TEMPOS DE RESPOSTA DOS HELICÓPTEROS DE SALVAMENTO MARÍTIMO SEGUNDO OS CONTRATOS EN VIGOR
* Helimer Galicia, con base en Alvedro.
Tempo de resposta: 10 minutos. (Tripulación de garda física na base as 24,00 horas)
* Pesca II, con base en Celeiro
Tempo de resposta:
o De 09,00 a 14,00 horas: 10 minutos (presenza na base)
o De 14,00 a 09,00 horas: 30 minutos (garda localizada)
O BNG É IGUAL DE RESPONSABLE QUE CARMEN GALLEGO
Nunha rolda de prensa celebrada este mediodía no Parlamento, Balseiro tamén cuestionou a actitude farisaica que está a manter o BNG en relación co sinistro do Rosamar e recordou que os deputados nacionalistas votaron, canda os do PSOE, en contra de propostas nas que o PPdeG recamaba duplicar as tripulacións dos helicópteros Pesca I e Pesca II, para incrementar a súa operatividade e capacidade de resposta.
Os nacionalistas tamén rexeitaron incrementar as tripulacións dos buques de maior porte do Gardacostas de Galicia para garantir a realización de gardas de presenza física en porto para garantir unha reacción inmediata ante calquera incidencia que poda presentarse no mar. E o BNG rexeitou, cos seus votos, a creación dunha comisión de seguridade marítima no Parlamento de Galicia, do mesmo xeito que se opuxo a que comparecesen na Cámara os patróns dos pesqueiros que participaron nas labores de rastrexo dos náufragos do Cordero, no pasado mes de xaneiro. Tampouco permitiron a comparecencia de representantes do Sepla, que denuncian as reiteradas carencias do servizo.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



