Nota de Prensa
O GMPP solicita que se consensúen as actuacións do Fondo de Investimento Local.
Os populares presentan unha moción con propostas concretas.
Consideran que as medidas anticrise do Goberno chegan tarde e a Xunta non aplica ningunha.
O GMPP de Burela presentou unha moción no rexistro municipal na que se solicita que as actuacións que se leven a cabo de acordo co Real Decreto 9/08 que regula o Fondo de Investimento Local se acorden por consenso entre os tres grupos políticos a través dunha comisión. Ademais, o GMPP presenta unha serie de actuacións a ter en conta para a súa inclusión no indicado Fondo, “entre outras que se poderían citar”.
Os populares consideran que as medidas excepcionais adoptada polo Goberno requiren consenso e ánimo constructivo, cousa que o bigoberno burelés desde logo non tén demostrado no que vai de mandato municipal, senon todo o contrario. A pesares deso, os populares pesentan a moción, para que quede constancia de que o PP está polo diálogo e fai propostas constructivas.
Para o GMPP, o que sí é certo é que os que antes calificaban de “antipatriotas” ós que falabamos de crise, agora non lles queda outra que asumila. Pero as medidas que adoptan chegan tarde.
En concreto, os populares entenden que a Xunta de Touriño e de Quintada ainda non tén adoptada ningunha medida real para axudar a paliar os efectos da crise, e por riba en Galicia aumenta o paro tres puntos máis ca no resto de España, e aumenta a destrucción de emprego. De feito, a aplicación da Lei de Dependencia leva dous anos de retraso.
Pola súa banda, o bigoberno burelés non adoptou ningunha medida no que vai de ano, e de cara ó ano que vén só anuncian que se van conxelar os soldos dos políticos, cousa que o alcalde hai tres meses decía que non valía para nada. Semella que os máis de catrocentos cincuenta parados non lle din nada nin ó alcalde nin a Nieves Cando. E o goberno de Zapatero saca medidas sen xeito algún, cando o paro xa está nos tres millóns de persoas e subindo. Por riba, medidas de difícil aplicación e xa veremos se efectivas, non sexa que sexan para para hoxe e fame para mañán.
O texto íntegro da moción é o seguinte:
A publicación o pasado día dous de Decembro no BOE do Real Decreto 9/2008, polo que se crea un Fondo Estatal de Investimento Local, pode permitir a este Concello, de cumplirse na súa integridade o contido do indicado Real Decreto, abordar actuacións varias para paliar os efectos da crise e tentar que o paro siga a incrementarse.
Dada a excepcionalidade da medida, o Grupo Municipal Popular considera que debería procederse, a efectos da concreción das actuacións a encadrar dentro do marco do mencionado Decreto 9/08, a consensuar tales actuacións entre os tres grupos políticos que compoñen a corporación municipal, a través dos tres portavoces, a través da comisión informativa de urbanismo, ou a través dunha comisión “ad hoc”. En todo caso, o consenso debe garantirse a través unha proposta de actuación conxunta.
E como este Grupo Municipal considera que todos temos dereito e obriga de elaborar propostas, nesta mesma moción indicamos unha serie de actuacións, entre outras que se poderían citar, que nós consideramos de interese para o noso concello de acordo co Decreto, e que poden terse en consideración.
Por todo o indicado, o Grupo Municipal do Partido Popular, a través do portavoz asinante, solicita do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes
ACORDOS
1 .- O Concello fixará as actuacións a levar a cabo encadradas dentro do marco do Decreto , de tal xeito que sexan propostas conxunta e consensuadamente polos tres grupos políticos.
2 .- O Concello de Burela incluirá, entre outras, actuacións que contemplen actuacións de rexeneración de asfaltado de rúas; asfaltado de camiños públicos; renovación de alumiado público e colocación de alumiado ornamental; renovación do mobiliario urbano deteriorado ou de parques infantís; adecentamento da antiga praia de Castrelo; milloras no campo de fútbol da Marosa, e nos pavillòns de Vista Alegre, Os Castros e Institutos, así como milloras no edificio da Praza de Abastos e na Casa da Xuventude e na Casa da Cultura. Igualmente, actuacións de millora do entorno dos barrios de Vila do Medio, Burela de Cabo, o Porto e Os Castros.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



