Dende hai oito anos ADEGA entrega os premios Osíxeno e Dioxina para subliñar á mellor e pior actuación ambiental do ano. O premio Osíxeno á mellor actuación/actitude ambiental do 2008 na categoría colectivo recaeu na Cooperativa de cultivo ecolóxico Raíña Lupa (Quilmas, Carnota) e en categoría individual foi para o veciño do Courel Xan de Vilar. O Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva e incontentábel correspondeulle, na categoría colectivo ao trío ENDESA-FENOSA-IBERDROLA e en individual a Jorge Santiso, secretario xeral da consellaría de Medio Ambiente e presidente de Augas de Galiza.
Premios Osíxeno e Dioxina 2008 de ADEGA
Premios Osíxeno e Dioxina 2008 de ADEGA
Relacionado
-
Xa está aberto o prazo para formalizar a matrícula na Escola Infantil Municipal de Viveiro para o curso 2025/2026
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na inauguración da XV edición do Encontro de Palilleiras de Burela que se celebrou este sábado
-
César Díaz Colmenares celebrou este venres o seu 103 aniversario en Carballido, Alfoz