BARREIROS .- O pleno do Concello de Barreiros aprobou por unanimidade solicitarlle á Xunta que elimine todo o solo urbán previsto neste municipio dentro do plan sectorial de vivenda e que non se colla ningunha das hortas nas vivendas existentes, ou ben que se busque outra ubicación para desenvolver dito plan. Esta era parte da proposta que levou a pleno o equipo do goberno do PP, segundo explica o alcalde, Alfonso Fuente “había tamén un segundo punto no que propoñíamos a adquisición de vivendas libres e vacías que están a piques de rematar baseándonos en que desde a Consellería de Vivenda falan de 5 ou 10 anos para desenvolver este plan co cual no noso caso xa sería de inmediato. Ademáis así poderían satisfacer esas 41 solicitudes que hai na páxina web da propia consellería. E un terceiro punto no que plantexabamos que senón se aceptaban ningún dos dous primeiros se anulara o plan”.
O rexedor engade que “finalmente aprobamos por unanimidade o punto un, pero non o segundo nin o terceiro, aínda que sí deixamos claro que eses dous plantexamentos xa van nas alegacións que presentou o Concello ó plan sectorial da Xunta. Para que o acordo do pleno sexa máis forte vimos que era mellor que fose aprobado polo menos ese punto por unanimidade, pero nós seguiremos levando adiante accións de non realizarse as modificacións que pedimos”.
Nese pleno ordinario tamén se someteu a aprobación unha moción do PP coa que se pide que se modifique unha lei orgánica e que os residentes no extranxeiro poidan votar en urna. “Só o PSOE vou en contra. Xa sabemos que para estes comicios non vai ser posible que voten deste xeito, pero agardamos que sí poidan facelo nos vindeiros”, segue a contar o alcalde barreirense.
Sesión extraordinaria
O Concello de Barreiros tamén foi escenario dun pleno extraordinario e urxente este mediodía para someter a aprobación as alegacións presentadas ao cadro de persoal. Alfonso Fuente sinala que “o prazo rematou o pasado sábado e había alegacións plantexadas polo Colexio Oficial de Traballadores Sociais que non se estimaron e se aprobou definitivamente o cadro de persoal. Agora apróbase o decreto da oferta de emprego e durante os anos 2009, 2010 e 2011 levaráse adiante esa convocatoria de emprego desas prazas das que xa falamos no seu día”.
A corporación de Barreiros acordou por unanimidade pedir a Vivenda modificacións no plan sectorial
A corporación de Barreiros acordou por unanimidade pedir a Vivenda modificacións no plan sectorial
Relacionado
-
Cervo celebra do 14 ao 16 de agosto as súas Festas na Honra da Nosa Señora, Virxe do Carme e San Roque
-
Recursos de Galicia comezará o luns a notificar de forma presencial as bonificacións na factura da luz ás persoas beneficiarias de Trabada
-
Ribadeo instala os Puntos Violeta na Festa do Percebe e na Xira de Santa Cruz






















A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



