FOZ.- O vindeiro sábado 24 de xaneiro, a xunta directiva da Asociación de Veciños “O Castro” de Foz manterá unha reunión cos presidentes dos grupos de traballo do PXOM do casco urbano. O motivo desta xuntanza non é outro que coñecer de primeira man o estado dos traballos realizados por estes grupos a fin de determinar as liñas de actuación con respecto ó Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Foz. Dado que “O Castro” ten como ámbito de actuación ós veciños do casco urbano da vila, os grupos de traballo convocados son os do Centro, O Campo, A Isla, Torres-Llas e Vilaxoane. Dita reunión terá lugar no local social de “O Castro” ás 10h30.
A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz reunirase cos representantes dos grupos de traballo do PXOM
A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz reunirase cos representantes dos grupos de traballo do PXOM
Relacionado
-
O Concello de Cervo mellora as arterias de comunicación no lugar de Motín, na parroquia de Castelo
-
O conselleiro compromete medidas para seguir reforzando a asistencia no Hospital da Mariña con máis profesionais
-
A Deputación achega preto de 250.000€ a Ourol para mellorar o pavillón deportivo e a xestión da auga potable