A directora de Desenvolvemento Pesqueiro visitou o pósito para avaliar as actuacións realizadas e para analizar as necesidades actuais dos profesionais de cara a realización de novas iniciativas ao abeiro dos apoios autonómicos
Burela, 12 de setembro de 2025. A Xunta mantén un importante esforzo inversor no ámbito pesqueiro despregado a través de diferentes liñas de axuda para o desenvolvemento de proxectos que afonden na competitividade e sostibilidade desta actividade pesqueira na comunidade. Un exemplo destes apoios é a confraría de Burela que foi beneficiaria destas achegas autonómicas que alcanzan 1 millón de euros desde o ano 2023. Así o destacou a directora de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, que visitou o pósito para avaliar as actuación realizadas e analizar as necesidades actuais dos profesionais de cara ao deseño de novas iniciativas susceptibles de ser financias ao abeiro das axudas da Consellería do Mar.
A directora xeral destacou a colaboración da Xunta permitiu a instalación dun novo galpón metálico na zona de varada, a adquisición dun carro automotor de varada 40 tm así como varias carretillas elevadoras. Por outra banda, foi acometida a rehabilitación e instalación de luces de tecnoloxía LED na nave de redeiras. A isto compre engadir outras actuacións como a instalación de enerxía fotovoltaica para autocosumo na confraría. Ángeles V. Suárez subliñou que todas esta medidas permitiron reforzar a actividade do sector, mellorando a seguridade e condicións de traballo, a modernización dos equipamentos portuarios, a eficiencia enerxética ou a protección do medioambiente.
A responsable autonómica puxo en valor o compromiso da Xunta co sector, enmarcando o encontro no marco do modelo de cogobernanza que preside a xestión pesqueira galega e na ronda de contactos periódica da Consellería coas diferentes confrarías galegas. Nesta liña, resaltou o traballo impulsado polo pósito burelés en ámbitos como a formación, coa organización de 5 cursos este ano de Formación Básica e catros de Patrón Costeiro Polivalente, dous de ponte e dous de máquinas. Unhas iniciativas que foron realizadas ao abeiro das axudas do Goberno galego para formación, dotadas de xeito bianual con 1,5 millóns de euros, e cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca, e de Acuicultura (Fempa).
Proxecto ‘Pescarte’
A confraría de Burela é unha das beneficiarias das axudas da Xunta ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para o desenvolvemento do proxecto Pescarte. En total son 115.000 euros que serán destinados a esta iniciativa que ten como obxectivo principal divulgar e sensibilizar á comunidade sobre a importancia da pesca artesanal. As actividades a desenvolver inclúen a creación de dous murais artísticos nas fachadas a confraría con esta temática, con ilustracións con adaptacións a braille para que sexan accesibles. Tamén recolle a produción de material audiovisual sobre as distintas artes de pesca e un xogo infantil educativo para achegar o mundo da pesca ás novas xeracións e incentivar a remuda xeracional.





















O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.



