Algúns dos meus lectores me fixeron chegar o seu desacordo coa miña teoría sobre o celtismo espallada aquí fai unhas semanas, por eso volto ó rego do celtismo, e para demostrar que tamén me ensinaron historia –daquela maneira- pois falemos outra vez dos celtas, dos ducados e dos iberos. E de paso darlles uns “apuntiños” os nosos alcalde que a final de mes irán de excursión a Madrid para, según din, promocionarnos turisticamente.
Non poderiamos comprender de todo a complexa, diversa, e á vez homoxénea, caracteroloxía dos pobos e culturas que poboaban a península Ibérica se non facemos mención á chegada dos celtas, xentes indoeuropeas que poboaba por aquelas datas boa parte do noroeste de Europa. Os celtas chegaron a España sobre o século XIII a. de C., instalándose fundamentalmente na cornixa cantábrica. Ao principio, aos iberos fíxolles gracia ver estes señores louros, tan altos que mesmo en ocasións superaban o metro sesenta, e por iso os deixaron en paz. Pero pouco despois (só seis séculos despois, sobre o VII a. de C), cabreados polos continuos chistes célticos sobre as carencias da debilidade ibérica e a súa escasa estatura, hastiados de que os celtas, xa que podían facelo, lles mirasen por enriba do ombro e mesmo lles mirasen mal, así como subxugados pola exótica beleza das mulleres celtas, empezáronlles a nacer fillos loiros e rosadiños,os iberos puxeron a facer aquilo que sabían facer como ninguén: untaron as puntas das súas espadas, frechas e lanzas con letal ácido bórico e puxéronse a repartir hostias, de tal maneira que, producto da victoria, puideron fornicar sen freo coas mulleres célticas (o cal permitiu que a partir de entón os da península Ibérica fosen un pouco, só un pouco, menos baixiños), acantoaron os celtas no oeste da Península e forxaron un novo grupo de tribos, os celtiberos, que se me saben vostedes algo de lingüística adiviñarán que proviñan da fusión de celtas e iberos. En castigo pola súa orixe multicultural, iso si, os iberos obrigaron os celtiberos a vivir nas fértiles e acolledoras terras do norte, como dicindo: “¿ Non vos gusta tanto a mestizaxe coas xentes do Norte? ¡ Pois tomade frío e choiva”! “.
Todo isto non tivo senón efectos beneficiosos para a cohesión da terriña, posto que, ao estar os celtas illados dos seus irmáns europeos (tan illados, e tan ben que estaban, como os iberos nos milenios precedentes), puideron abandonar definitivamente perniciosas influencias estranxeiras e, por fin, adaptarse ás peculiaridades do modus vivendi ibérico, o cal conformaría, en fin, unha civilización única e excepcional, pero coa posibilidade de percorrer aínda máis aos feitos diferenciais e, ademais, coa vantaxe engadida de facelo dende unha impresionante altura incomparablemente maior que a proporcionada pola raza ibérica primixenia. Porque nós, si se trataba de recibir influencias estranxeiras, as recibiamos coas nosas propias regras, enseándolle a Europa, e non ao revés, como ben soubo apreciar Unamuno -nótase que o estou relendo-. É tamén o que acontecería cando chegase a créme da créme civilizatoria ás nosas terras, pobos| tan avanzados que mesmo lles permitimos comerciar connosco: gregos e fenicios, ou “Primeiros turistas”.

















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



