RIBADEO .- (FNC) A xunta de voceiros celebrada do Concello de Ribadeo acordou destiñar 443.000 euros dos fondos estatais de inversión que recibirá Ribadeo ao amaño de camiños nas parroquias. O alcalde, Fernando Suárez, explica que “a situación deses viais é moi mala polo desgaste habitual pero sobre todo polas chuvias e as condicións climatolóxicas moi adversas dos últimos meses. Todo canto poidamos destiñar non cubre a totalidade das necesidades, si ben é certo que grazas aos convenios asinados coa Consellería de Medio Rural e coa Deputación de Lugo e tamén con esta partida de 443.000 euros váinos permitir que todas as parroquias se vexan beneficiadas deste plan de mellora, algunhas máis que outras porque algunhas están máis estropeadas que as outras”.
Outra partidas de 130.000 euros irá para o a reparación das escolas de Vilela, Piñeiro, Noceda e Santiago. O rexedor sinala que “se trata do arranxo de catro escolas do ámbito rural que se utilizan como lugar de reunión, como local para facer ximnasia… Na escola de Vilela xa se iniciou o seu arranxo hai tempo, pero quedou a medio facer; a de Piñeiro atópase tamén na mesma situación; na Escola de Noceda hai moitos anos que non se actúa e na de Santalla tamén se iniciou a súa reparación, pero está sen rematar”.
Obras de saneamento e reparación de pontes
Con cargo aos fondos estatais de inversión, o Concello de Ribadeo continuará coas obras de saneamento na parroquia de Piñeira, desde Dompiñor ata Folgosa e un primeiro tramo en Vilaframil. A partida para este fin é de 144.000 euros. Suárez Barcia engade que “tamén se van ampliar dúas pontes que son moi transitadas e moi usadas polos veciños que eran moi estreitas e nas que se rexistran algúns accidentes. Son as de Palmeira en Ove e a de Guadalupe que une Covelas con Cedofeita”. E 60.000 euros investirá o Concello “nunha cuestión menor pero moi importante para Ribadeo, que realizaremos cun remanente que quedaba das obras da zona urbana e collendo un pouco do que destinamos á zona rural, decidimos incluir unha serie de melloras no Auditorio Municipal que adoece desde hai tempo dunha serie de humidades e de circunstancias que fan recomendable o seu amaño”.
Propostas da oposición
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinala que “na proposta dos camiños certamente tiñamos unha cantidade económica teórica superior aos fondos que tiñamos porque unha vez avaliadas e despois de falar coas asociacións de veciños e coa xente das parroquias indo e pisando o territorio por parte dos técnicos municipais e por membros do equipo de goberno vimos que as necesidades eran moi importantes, pero que non se podían acometer todas as obras a un tempo senón as que máis o necesitan. Con todo deixámolo aberto a outro tipo de propostas dos diferentes grupos da oposición e debemos dicir que se estimaron unha parte moi importante das presentadas polo PP porque prácticamente foi o único que presentou unha serie estructurada de camiños que precisaban reparacións. Os outros dous grupos fixeron propostas un pouco máis simbólicas porque o groso das peticións por traelas xa estudiadas eran do PP, non foi por outro motivo”.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



