BURELA .- A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, visitou o Hospital da Costa, en Burela, que dende hai quince días conta con un novo TAC no departamento de Radioloxía. A titular da Sanidade pública galega agarda que, no ano 2012, poidan estar concluídas todas as obras necesarias para esta área sanitaria, que teñen un orzamento de 9,4 millóns de euros.
Fonte
A conselleira de Sanidade visitou o Hospital da Costa onde comprobou o funcionamento do novo TAC do servizo de Radioloxía
O novo TAC mellora a calidade de imaxe e permite estudos que ata o de agora non se podían facer neste centro sanitario
O investimento do Servizo Galego de Saúde neste novo aparello sitúase ao redor dos 500.000 euros
Ademais da visita ao TAC, María José Rubio Vidal achegouse ao andar de Xinecoloxía, onde vaise proceder a unha reforma, por importe de máis de 661.000 euros, para adaptalo ao parto natural
A conselleira de Sanidade remarcou que estase a producir un cambio de cultura asistencial neste Hospital, para pasar de ser un centro exclusivamente de internamento, a potenciar a atención ambulatoria
A titular da Sanidade pública galega agarda que, no ano 2012, poidan estar concluídas todas as obras necesarias para esta área sanitaria, que teñen un orzamento de 9,4 millóns de euros
Burela, 13 de xaneiro de 2009.- A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, visitou hoxe o Hospital da Costa, en Burela, onde, dende hai quince días, o Servizo Galego de Saúde procedeu a incorporar un novo TAC ao departamento de Radioloxía. Durante a súa estadía neste centro, a titular da Sanidade pública galega lembrou que grazas á implantación do Plan de Alta Tecnoloxía de Galicia, Burela recibiu nos últimos tres anos un investimento superior ao 1,1 millón de euros en equipamento médico.
O novo TAC mellora, notablemente, a calidade de imaxe respecto do anterior TAC, e, ademais, permite estudos que, ata o de agora, non se podían facer neste centro sanitario da rede pública galega, tales como os de carácter vascular. Así mesmo, posibilita unha maior rapidez e resolución na realización deses estudos. O investimento do Servizo Galego de Saúde neste novo TAC foi de medio millón de euros.
A conselleira de Sanidade remarcou que este novo aparello vai permitir unha mellora substancial para as veciñas e veciños desta área sanitaria, dada a maior capacidade diagnóstica e o maior número de probas que pode realizar.
Ademais da visita ao TAC, a responsable da Sanidade pública galega visitou o andar de Xinecoloxía, zona que non estaba adaptada ao Plan de Atención Integral á Saúde da Muller.
Isto vai levar ao Servizo Galego de Saúde a facer unha reforma desta área, para adaptala ao que se denomina “parto natural”. O investimento realizado polo departamento que preside Rubio Vidal neste andar situouse ao redor dos 661.000 euros. Estas obras teñen un prazo de execución de oito meses.
A nova planta de Xinecoloxía vai dispor dun paritorio convencional e dous paritorios para o parto natural, así como unha habitación para o fomento da lactancia materna.
Nove millóns de euros para proceder a un cambio de cultura asistencial
A conselleira de Sanidade incidiu, na súa estadía de hoxe en Burela, que estase a producir un cambio de cultura asistencial neste Hospital, para pasar de ser un centro exclusivamente de internamento, a potenciar a atención ambulatoria, dando pulo a un Plan Funcional que desenvolverá o Plan Director.
Neste Plan Funcional, exprésase a necesidade de creación dun hospital de día médico e tamén cirúrxico, así como unha unidade de Hospitalización a Domicilio. Tamén recóllese a creación da unidade de coidados intermedios, que axudará a desbloquear á unidade de coidados intensivos, mellorando, deste xeito, a oferta terapéutica aos pacientes que así o requiran. Tamén faise unha aposta polo crecemento das unidades de urxencias e de consultas externas. Todas estas medidas van encamiñadas a evitar, na medida do posible, o internamento dos pacientes, e que estes poidan estar na súa casa nas mellores condicións de atención sanitaria.
Rubio Vidal sinalou que agarda que, no ano 2012, poidan estar concluídas todas as obras necesarias para esta área sanitaria, que teñen un presuposto estimado, para todo o proceso, de preto dos 9 millóns de euros.
Tamén recordou a conselleira de Sanidade a concesión do Certificado de Calidade de AENOR ISO 9001 ao servizo de Subministros deste centro, en decembro de 2008, e que, ademais, é o único hospital de Galicia que ten Certificado Medio Ambiental Europeo de Calidade.
Incremento de persoal
A conselleira de Sanidade e presidenta do Servizo Galego de Saúde sinalou que, nestes últimos anos, racionalizouse a asistencia sanitaria neste centro, e promoveuse un Plan Director para potenciar as consultas externas, a atención ás urxencias e, deste xeito, evitar os desprazamentos dos pacientes a outras áreas sanitarias.
Así, remarcou que o cadro de persoal do centro incrementouse ata chegar a superar as 400 persoas. Salientou un incremento no número de profesionais médicos en case un dez por cento, ata chegar aos 98. Asemade, o persoal de enfermaría aumentou ata as 146 profesionais, e os auxiliares a 109.
Tamén aumentaron os recursos humanos da área sanitaria de Burela en Atención Primaira, coa incorporación, ata agora, de 11 persoas entre persoal de enfermería, de servizos xerais, odontoloxía, fisioterapia e traballadores social. Rubio Vidal anunciou para este ano 2009 a próxima incorporación de tres médicos aos centros de saúde de Viveiro, San Cibrao e Foz, outros tres efectivos de enfermaría, unha matrona, un fisioterapeuta e dous efectivos de servizos xerais.
A conselleira de Sanidade destacou, tamén, a incorporación ao Hospital da Costa dunha resonancia nuclear magnética móbil, o novo TAC que hoxe visitou, e o investimento en tecnoloxía ao longo desta lexislatura, que ascendeu a algo máis de 1.100.000 euros, coa adquisición de respiradores, monitores, aparatos de raios x, ou ecógrafos, entre outros






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



