NOTA DE PRENSA
O BNG CRITICA AO ALCALDE POR ASUMIR COMO SÚAS OBRAS QUE FORON IMPULSADAS DESDE A XUNTA. IVÁN MARRUBE DI QUE O REXEDOR DEBE DIMITIR SI NON SE VE CAPACITADO PARA FACER NADA POR ALFOZ.
Alfoz, 27 de febreiro de 2009. Dende o BNG de Alfoz, o seu voceiro, Iván Marrube, critica duramente “a actitude que se está a ter dende a alcaldía, actuando cun total pasotismo ante a defensa dos intereses dos veciños. É moi lamentable ter un alcalde que nos custa tanto diñeiro a todos e que logo eso non repercuta para nada en beneficio dos veciños”.
Os nacionalistas din que “por fin se sacou a careta, resulta que temos un alcalde que lle racalca á oposición en numerosas ocasións que el non é político, que non ten nada que ver coa xestión anterior e resulta que agora lle anda a remitir cartas aos veciños defendéndoa e exercendo un gran acto de cinismo”. Iván Marrube tilda de mentira “os reproches que o alcalde lle está facera o actual goberno da Xunta dicindo que non fixo nada polo medio rural. Ademáis dunha mentira é un grande acto de cinismo xa que o seu partido leva 40 anos gobernando en Alfoz e 16 estivo na Xunta e non foron capaces nin de rematar a concentración parcelaria no concello. Tivo que ser o BNG cando chegou ao Goberno o que a está a rematar”.
Desde o BNG de Alfoz consideran que “o alcalde de Alfoz debería dimitir si non se ve capacitado el mesmo para facer nada polo concello, e á vista temos os resultados, xa vemos o que fixeron él e o seu partido en moitos anos de gobernos polo concello, nin concentración parcelaria, nin polígono industrial nin plan xeral nin ningún tipo de lexislación sobre o solo. O PP en Alfoz o que fixo foi un gran acto de inutilidade”.
Iván Marrube engade que “tamén é lamentable que anden intentando enganar aos veciños con mentiras xa que o alcalde en declaracións á prensa asume como súas as obras da concentración parcelaria e logo cando hai problemas acusa a Xunta, cando el mesmo non quixo crear unha comisión de seguimento a instancias do BNG das obras da concentración para intentar solucionar calquera tipo de problema que xurdira. Dixo que era innecesario aparte de mentir parece non saber que o primeiro e máis directamente defensor dos interese dos veciños debería ser el que para algo é o alcalde e o único no que non falla e á hora de subirse o soldo. Igual de lamentable é que presuma de que Alfoz vai ter por fin o PXOM xa que vergoña lle debería dar que en 40 anos non o desen feito, e leva retrasándoo dende que está na alcaldía, e como todo o que o PP trae para o concello chega tarde”.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



