A Mariña, 14 de marzo, 2026. “Non hai día en que os senadores do PP por Lugo non inventen algo novo para tentar sacar cabeza nos medios de comunicación e, de paso, competir cos deputados do mesmo partido na súa carreira de falsidades”, afirma o senador socialista lucense César Mogo.
Nesta ocasión, o motivo é a situación dos xulgados de Viveiro e Sarria. Nunha resposta parlamentaria, o Goberno non citou ningún partido xudicial en concreto, limitándose a explicar o desenvolvemento do proxecto para crear 500 novas prazas xudiciais en todo o Estado. Non mencionou nin Viveiro nin Sarria, como tampouco mencionou ningún outro.
A pesar diso, os senadores da dereita lucense manipularon a resposta ante os medios, asegurando que o Goberno decidiu non crear esas prazas. Unha interpretación interesada que, segundo Mogo, encaixa nunha estratexia xa habitual pero que agora está a alcanzar cotas delirantes.
O senador socialista sinala que non sorprende tanto que Serrano e Balseiro recorran a este tipo de prácticas, pero si chama a atención que o faga tamén, de maneira reiterada, alguén coa traxectoria de José Manuel Barreiro, quen chegou a ser portavoz parlamentario do PP.
Mogo considera que, a medida que se achegue o final da lexislatura, os senadores populares intensificarán estas invencións para gañar presenza mediática, especialmente dentro do seu propio partido. Con todo, insiste en que o que están facendo é un engano con todas as letras, xa que o Goberno en ningún momento citou expresamente os xulgados de Viveiro e Sarria.























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



